FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Visita ao Centro de interpretación arqueolóxica do Caldoval
Enviado por admin o Ven, 23/12/2016 - 22:46
O pasado mércores, último día de clase, o grupo de 2.º ESO tivo a oportunidade de realizar unha visita guiada ao Centro de interpretación arqueolóxica dos restos do Caldoval. A actividade contou coa presenza do Director Xeral de Reganosa, Emilio Bruquetas, e a alcaldesa do Concello de Mugardos, Pilar Díaz.