FAMILIAS - ANPA O Castro
|
PRIMEIROS FINALISTAS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS
Enviado por Covadonga o Xov, 11/12/2014 - 12:33
Hoxe xoves están disputándose as semifinais do XVII Campionato de Polinomios. Xa temos un equipo finalista: TRAPECIO que resultou gañador xogando a un nivel moi alto.
Na imaxe os dous equipos e a árbitra do partido de semifinais. De esquerda a dereita o equipo finalista, Trapecio, formado por Martín Pérez (2º BAC) e Martín Marán (1º ESO); no medio, a árbitra Sara Vázquez (3º ESO) e a dereita o equipo semifinalista, Álxebra, formado por Ariadna Regueiro (1º ESO) e Almudena Vila (1º BAC).