FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Fase final do II Concurso Incubadora de Sondaxes en Valladolid
Os días 4 e 5 de xullo desprazouse a Valladolid a expedición do IES Mugados formada polos alumnos de 3º ESO Blanca Frenández, Verónica González, Pablo Pérez, Sergio Vila e a titora do traballo gañador en Galicia do II Concurso Incubadora de Sondaxes na categoría de ESO, Covadonga Rodríguez-Moldes.
Tratábase de expoñer o traballo: "Un dilema para o consumidor: Cal é o mellor tamaño para mercar ameixas?" que con outros cinco traballos doutras comunidades optarían ao premio que outorgaba a Sociedade Española de Estatística. A exposición de Blanca e Verónica foi moi boa e o traballo foi extraordinariamente recibido por todos os asistentes. Todo parecía indicar que podería ser o traballo gañador na categoría de ESO. Pero non foi así. O premio otorgouse ao equipo catalán polo traballo "Salida a la luz".
En bacharelato, o traballo gañador foi o que presentraballo polo equipo de IES Fernando Wirtz de A Coruña liderado polo profesor Enrique Pujales. O excelente traballo titulábase "Existe o cine de autor?".
A expedición do IES Mugardos mostrouse algo decepcionada polo fallo do xurado pero moi feliz pola experiencia vivida.
Estas son tres imaxes,
|
|
|
|