FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Actividades matemáticas
Enviado por admin o Sáb, 27/04/2019 - 22:03
Como en anos anteriores o noso instituto participou na fase local da Olimpíada matemática dirixida ao alumnado de 2º. ESO. O nosos/as representantes realizaron o pasado 25 de abril as probas no IES de Canido de Ferrol.
Ademais, o pasado venres o noso centro acolleu a fase local das probas do Rebumbio matemático dirixido ao alumnado de 6º de primaria. Os representantes de dez colexios da comarca ocuparon a aula de tecnoloxía. Parabéns a todos os participantes.