FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Lección inaugural (ESO): música para comezar o curso
Enviado por admin o Mar, 18/09/2018 - 22:15
Laura Morgade inaugurou o curso escolar 2018-2019 para o alumnado da ESO. A súa lección inaugural tratou sobre a linguaxe universal da música. Salientou a importancia de incorporar a música ás nosas vidas e os beneficios que iso conleva. A exposición foi acompañada de interpretacións ao piano de pasaxes ilustrativas de Beethoven, Debussy e Chopin. Agradecemos á creadora da Escola de Música Laura Morgade de Ares o seu esforzo e preparación deste encontro incial de curso co noso alumnado. |