FAMILIAS - ANPA O Castro
|
UN XIGANTE ASOMA: O XIX CAMPIONATO DE POLINOMIOS
A semana próxima dará comezo o XIX Campionato de Polinomios que ten un alias: "O xigante". O profesorado do departamento de Matemáticas e a nosa mascota, Polín, estamos preocupados e algo nerviosos. ¡150 estudantes organizados en 75 equipos optarán ao premio coordinados por 27 árbitros!.
Todo un reto que obriga a cambios no deseño do campionato para que non se alongue demasiado no tempo. O principal é que na maioría das partidas xogarán 3 equipos dos que so un será gañador: quen consiga o maior número de parellas despois de xogar dúas partidas. En cada recreo haberá dúas mesas de xogo e en cada unha delas, seis xogadores e dous árbitros, en total 16 estudantes por recreo E así recreo tras recreo. ¡Todo un reto!. ¡Que teñamos un bo campionato!
Para practicar: http://www.xente.mundo-r.com/tintarras/polinomios/polin1.htm