Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e se pecharán cárceres

Orientación académica e profesional

INFORMACIÓN SOBRE AS DISTINTAS MATERIAS

04/07/2023
Europe/Madrid

Neste espazo inclúese  información  sobre as distintas materias de ESO e Bacharelato

No seguintes enlaces pódese acceder ó currículo completo das distintas materia dos currículos da ESO e do Bacharelato

 Currículo Bacharelato           Currículo ESO

 

A continuación pódese consultar resumes dalgunhas materias elaborados polo departamento corresponente do centro:

 

 

 

INFORMACIÓN ACADÉMICA SOBRE AS ENSINANZAS ARTÍSTICAS

As Ensinanzas Artísticas forman parte do que se denomina ENSINANZAS ESPECIALIZADAS ( xunto coas Ensinanzas de Idiomas e as Ensinanzas Deportivas)

No seguinte cadro podemos ver as modalidades e organización das Ensinanzas Artísticas 

Aquí podemos ver un esquema sinxelo das Ensinanzas Artísticas

www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Versi%C3%B3n%20Esnsinanzas%20Artisticas%20WEB.xls

 

INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN SOBRE AS ENSINANZAS ARTÍSTICAS

No seguinte enlace pódese ter toda a información sobre as ensinanzas artísticas

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/2535

ACCESO ÁS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES SEN TER O BACHARELATO ( para maiores de 18 anos) 

 www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Acceso%20E.%20Art%C3%ADsticas%20Superi.%202016%20sen%20bach..pdf

  ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO 

 www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/instrucions_admisi%C3%B3n%20deseno%202016.pdf

  ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

 www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Acce.%20e%20adm.%20E.S.%20%20Conser.%20Rest.%20%20BBCC%202016.doc

   ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO DE GALICIA

Neste enlace pódese acceder ás Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1604

INFORMACIÓN ACADÉMICA PARA BACHARELATO

14/05/2016 13:33
Europe/Madrid

  Con esta información pretendemos ofrecer orientación académica para o alumnado que cursa actualmente Bacharelato e para os futuros alumnos desta etapa educativa ( principalmente alumnado de 4º de ESO)

 Como é sabido estamos nun momento de cambio do sistema educativo , de LOE a LOMCE, polo que esta información é moi importante á hora de elexir o itinerario axeitado para poder proseguir estudos posteriores.

ORGANIGRAMA DO SISTEMA EDUCATIVO

En primeiro lugar hai que ver o organigrama do sistema educativo para ubicar cada unha das ensinanzas. Na seguinte dirección tes un organigrama moi sinxelo do sistema educativo actual

www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Organigrama%20sinxelo%20do%20sistema%20educativo_2.xls

Na seguinte podes atopar un organigrama da LOMCE onde se poden observar máis detalles das conexións entre as distintas etapas educativas.

www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Organigrama%20sistema-eductivo-lomce-pdf_1.pdf

ORGANIZACIÓN BACHARELATO LOMCE (  este curso remata a súa implantación en 2º bacharelato)

O bacharelato organízase en torno a tres Modalidades: CIENCIAS, HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS e ARTES

Nos esquemas que podedes ver a continuación están todas as materias e posibilidades que contempla a normativa sobre o bacharelato pero hai que advertir que despois os IES non poden ofertar todas as posibles combinacións, por cuestións organizativas e de recursos,  sobre todo no que se refire a materias específicas e de libre configuración . Neste momento pois os departamentos didácticos e a dirección do centro está traballando na posibilidade de ofertar uns itinerarios máis cerrados ou permitir elixir libremente e logo ir restrinxindo en función da demanda.  Previo á data de matrícula facilitarase información concreta.

www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Bacharelato%20LOMCE%202016%20compl..xls

 

  CONTINUIDADE MATERIAS DE BACHARELATO

A superación das materias de segundo curso que se indican no anexo VI  ( no seginte enlace) estará condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro curso indicadas no devandito anexo, por implicar continuidade. Non obstante, o alumnado poderá matricularse da materia de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que o alumno ou a alumna reúnen as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo. En caso contrario, deberase cursar a materia de primeiro curso, que terá a consideración de materia pendente, aínda que non será computable para os efectos de modificar as condicións en que se terá promoción a segundo.

  www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Continuidade_materias_bacharelato.pdf

OFERTA DE MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN 

No seguinte enlace temos acceso  materias de libre configuración que acaban de ser aprobadas no Claustro.

 PROMOCION EN BACHARELATO (LOMCE)

Os alumnos e as alumnas terán promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando teñan superadas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias,como máximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro.

Os alumnos e as alumnas poderán repetir cada un dos cursos de bacharelato unha soa vez como máximo, aínda que excepcionalmente poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, logo dun informe favorable do equipo docente.

Os alumnos e as alumnas que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as

materias superadas, ou optar por repetir o curso completo

 AVALIACION FINAL DE BACHARELATO(LOMCE)

A finais do curso 16/17 está prevista que se leve a cabo, por primeira vez, a avaliación final de bacharelato.

Aínda que faltan moitos aspectos por concretar ,  o Decreto 86/2015 de 25 de xuño di o seguinte:

 Ao finalizar o bacharelato, os alumnos e as alumnas realizarán unha avaliación individualizada na que se comprobará o logro dos obxectivos desta etapa e o grao de adquisición das competencias correspondentes en relación coas seguintes materias:

a) Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais. No suposto de materias que impliquen continuidade, terase en conta só a cursada en segundo curso.

b) Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en calquera dos cursos. As materias que impliquen continuidade entre os cursos primeiro e segundo só computarán como unha materia; neste suposto terase en conta só a materia cursada en segundo curso.

c) Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non sexa Educación Física nin Relixión

TITULO DE BACHARELATO (LOMCE)

Para obter o título de bacharel será necesaria a superación da avaliación final de bacharelato, así como unha cualificación final de bacharelato igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación:

a) Cun peso do 60 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en bacharelato

b) Cun peso do 40 %, a nota obtida na avaliación final de bacharelato

 ACCESO Á UNIVERSIDADE

Segundo o Decreto 86/2015 :

"A avaliación final de bacharelato correspondente ás dúas convocatorias que se realicen no ano 2017 terase en conta unicamente para o acceso á universidade, pero a súa superación non será necesaria para obter o título de bacharelato."

Faltan por concretar moitas cuestións pero básicamente pensamos que será algo semellante as actuais probas de acceso á universidade polo que incluiremos aquí a información sobre o funcionamento das actuais PAU

Pero antes vamos ver como se organizan as ensinanzas universitarias

 ORGANIZACIÓN DAS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS

As ensinanzas universitarias organízanse en torno a cinco Ramas :
1- Ciencias Sociais e xurídicas.
2- Artes e Humanidades
3- Ciencias da Saúde
4- Ciencias
5- Enxeñaría e Arquitectura

.Dentro de cada rama hai unas materias que se consideran básicas para los títulos que engloba cada unha delas.

www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Materias%20b%C3%A1sicas%20rama%20universidade.pdf

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE ( a extinguir)

 Este curso é ó ultimo con esta modalidade de acceso á universidade .

Vamos ver un resume en qué consisten porque a Avaliación Final do Bacharelato , que servirá tamén para acceder á universidade, parece ser que será algo semellante

www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Esquema_Selectividade%20LOE_2.pdf

www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/ponderacins17_0.pdf

OFERTA DE ESTUDOS DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS PARA O CURSO 16/17 E NOTAS DE CORTE DO CURSO 15/16

No seguinte enlace vemos esta oferta así como as notas de corte do ano pasado.

www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Oferta%20Iniv.%2016-17%20e%20notas%20corte%2015-16_0.pdf

 RELACIÓN ENTRE A MODALIDADE DE BACHARELATO E O ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

 Neste momento, á hora de acceder a Ciclos Superiores de FP hai unha vinculación entre a modalidade de bacharelato cursada e o ciclo superior elexido . Esa relación pódese ver no seguinte enlace:

www.edu.xunta.gal/centros/iesconcepcionarenal/system/files/Vinculaci%C3%B3n%20Bacharelato%20Ciclos%20Superiores.pdf

 PÁXINAS DE INTERNET CON INFORMACIÓN MOI RELEVANTE

Nesta páxina pódese consultar todo o referente a cada unha das materias de bacharelato

http://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce

Aquí encontraredes toda a información sobre o acceso á universidade

http://ciug.gal/

Nesta páxina está toda a información referente á Formación Profesional Específica.

http://www.edu.xunta.es/fp/

 

CONVOCADAS PROBAS ACCESO CICLOS DE GRAO MEDIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

03/04/2016 20:53
Europe/Madrid

CONVOCATORIA ORDINARIA 2016

 Requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

Datas e lugares de inscrición

 Calquera centro do­cente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2015/2016

 


Prazo inscrición para a proba:entre os días 4 ao 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.

Data celebración da proba : 25 de maio de 2016

 Presentación de solicitudes e inscrición

 As persoas interesadas  poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp , que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

 Para maior información:

Orde 2 de  febreiro de 2016) da Consellería de Cultura e

  • educación (DOG 11 de febreiro de 2016)

  • www.edu.xunta.es/fp 

  •  No departamento de orientación


 

Programa ORIENTA

brujula

 

O programa Orienta axudarache a tomar decisión sobre futuros estudos. Accede á información en liña.

 


 

 

Distribuir contido