Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e se pecharán cárceres

I Premio Concurso "SOMOS RURAL"

Información axudas libros e material escolar 2024-25

INFORMACIÓN AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ESCOLAR 2024/2025.

Enlace web Xunta

Información

Calendario Probas libres Ciclos Formativos

ABAU convocatoria ordinaria

Información para a solicitude do título de Bacharel e a documentación e tasas para as probas da ABAU 2024.

Arquivo información

 

Acreditación en competencias dixitais

Ver as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de 2º curso de formación profesional e 2º curso de bacharelato para persoas adultas. Data límite 22 de maio. Exames a mediados de xuño. Ver correción de erros do 21 de maio.

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023-2024

O 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica. 

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)

Axudas para alumnos con NEAE para o curso 2024-2025

Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/o patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios. Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con TEA e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

Ligazón para solicitude

O prazo de presentación de solicitudes: dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Extracto da Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

Calendario reclamacións cualificacións finais segundo bacharelato

Instrucións de prazos e procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

 Instrucións                                                                                          Calendario

 

 Modelo reclamación ante o centro          Modelo reclamación ante a Xefatura Territorial

 

Listaxe de novo alumnado admitido

Pódese consultar presencialmente no taboeiro da entrada, vía telemática na sede electrónica ou en "Admisión alumnado":

Pendentes ESO 3ª avaliación

As probas de materias pendentes da ESO comezarán o mércores 22 de maio. Ver calendario en PDF.

 

 

Concursos

Concurso de microrrelatos, micropoesía e microteatro:

Resumo das bases

Concurso de fotografías históricas: