O challenge da túa vida
O pasado 25 de xaneiro, o alumnado de 3º da ESO recibiu á Asociación Española Contra o Cancro coa súa proposta “O challenge da túa vida”, unha iniciativa para adoptar hábitos saudables e tomar medidas preventivas que se presentou nun formato de “talk show”.
Trátase dun proxecto que anima a adoptar estilos de vida saudables e tomar medidas preventivas para protexer a nosa saúde.
Dende o IES Concepción Arenal, queremos dar as grazas á Asociación Española Contra o Cancro por visitarnos e compartir esta valiosa iniciativa co noso alumnado. Xuntos, podemos facer a diferenza na loita contra o cancro.
Carta de agradacemento a toda a comunidade do IES Concepción Arenal