Actividades 2023/2024

Obradoiros de habilidades sociais

 As alumnas e alumnos de 1º ESO participaron ao longo do primeiro trimestre nos obradoiros impartidos pola fundación Amaina para mellorar as súas competencias sociais e interpersoais.

Mellorar as estratexias de comunicación interpersoais, o respecto, a empatía, a escoita activa,  e a resolución de conflitos de xeito asertivo son claves para unha convivencia positiva.  

Álbum: Curso 2023/2024 -> Habilidades sociais

Exposición Sen Cancelas

Dende finais de decembro temos no noso centro a exposición Sen Cancelas, cedida polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Educación.

Esta é unha das iniciativas encamiñadas a dar a coñecer entre a mocidade a loita de Galicia contra as diferentes discriminacións que seguen a existir na sociedade.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Exposición Sen Cancelas

Visita á exposición Vigo no tempo

O alumnado de 4º da ESO visitou a exposición Vigo no tempo. Os participantes puideron descubrir a evolución da súa cidade e segredos descoñecidos. 

VIGO NO TEMPO é a quinta das mostras que se poñen en marcha no marco dun proxecto máis amplo, 'Cidades no tempo', que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Tras Santiago, Ferrol, Lugo e A Coruña, a proposta continúa o seu percorrido en Vigo co obxectivo de reinvindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita exposición Vigo no tempo

Obradoiro de iudo e defensa persoal

O alumnado de 4 da ESO recibiu esta semana un obradoiro de iudo e defensa persoal.

A encargada de impartilo foi Carla Garabatos, adestradora nacional de iudo e seleccionadora galega, e antiga alumna do Centro. Acompañouna Carlos Garabatos, coordinador das escolas federativas de ocio de Pontevedra e seleccionador técnico da selección galega de iudo.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Obradoiro de iudo e defensa persoal

Éxito do concurso de decoración das portas de Nadal

O concurso de decoración das portas de Nadal foi todo un éxito! O noso alumnado, xunto cos seus titores e titoras involucráronse moito para intentar acadar o premio. 

Aínda que só houbo dous gañadores, na realidade todos tiveron premio. Parabéns!

 

- Gañadores na categoría ESO: 4º ESO A

- Gañadores na categoría BACH: 2º BACH A

 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Concurso decoración portas de Nadal

Gañadoras do concurso microrrelatos de inverno

O xurado reuniuse para resolver o ditame do Concurso de microrrelatos de inverno da Biblioteca Ramiro Fonte.

 

Gañadores do concurso Científico do IES Castelao

Xa temos gañadores do Concurso Experimentos Científicos do IES Castelao


Grazas a todo o alumnado que participou!

Visita á Casa Museo Rosalía de Castro

O alumnado de 1BACH A e 1BACH B visitaron no derradeiro día de clase do trimestre a Casa-Museo Rosalía de Castro.

Científic@s en prácticas

O noso alumnado de 3 da ESO deu o seu primeiro paso no programa Científic@s en prácticas.

A primeira actividade consistiu nunha charla impartida por José Luís Garrido, un dos investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.

Distribuir contido