Actividades 2021/2022

I Concurso Mira quen le

          O mércores día 4 entregáronse os premios deste I Concurso organizado pola biblioteca e mailo departamento de Plástica, que tivo unha alta participación.

          Segundo os votos emitidos polo xurado, constituído por profesorado do centro, estes foron os participantes que gañaron:

1º Premio: Xulia Montes Sobral (4º B)

2º Premio: Iago Álvarez Alonso (1º Bac B)

3º Premio: Lara I. Jiménez Bjarneryd (1º Bac B)

     Todos recibiron cadanseu vale de 25 € para libros e, ademais, outro agasallo de maior ou menor entidade segundo o premio obtido.

     Parabéns a todos os participantes e ánimo para seguir lendo e fotografando.

     Viva a lectura!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Mira quen le

VIDEO dos MUSICAIS no CASTELAO. ENTROIDO 2022.

Podería ser divertido xogar a intentar pescudar o título da canción ou do musical correspondente ... non?

As outras cousas do castelao

Clicando neste enlace ou na imaxe inferior podes acceder ao novo número da revista "As outras cousas do Castelao" elaborada na quenda de adultos. Tamén a podes descargar en pdf clicando aquí.

Celebración da Olimpíada Matemática no IES Castelao

O pasado xoves 21 de abril tivo lugar no instituto a fase de zona da Olimpíada Matemática Galega para alumnado de 2º ESO. O reto consistiu na resolución individual de cinco problemas en dúas horas. Participaron 84 alumnos e alumnas de Vigo e comarca e destes pasarán só 8 finalistas á fase final que se celebrarará en Lugo. 

Do IES Castelao presentáronse nove alumnos. Ánimo para a proxima fase!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Olimpíada matemática

O IES Castelao coa Hora do Planeta -no propio centro- e no C.C. VIALIA

        A Hora do Planeta pertence a unha campaña global de WWF -World Wildlife Fund for Nature, que é o mesmo que Fondo Mundial 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Hora do Planeta

Viaxe 4º ESO V

Último día da aventura. Hoxe rematamos esta viaxe cun paseo polos xardíns da Granxa de San Ildefonso, esgotados pero con moitas horas de diversión enriba.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Viaxe 4º Ildefonso

Viaxe 4º ESO IV

E por fin chegou a esperada visita ao parque Warner. Unha xornada completa a disfrutar das montañas rusas, o hotel embruxado, o Lex Luthor...

Álbum: Curso 2021/2022 -> Viaxe 4º Warner

Viaxe 4º ESO III

Xoves 7 de abril. A ruta por Madrid iníciase hoxe no Museo de Cera onde o alumnado se puido fotografar coa réplica de moitas celebridades. A continuación visitarán o estadio Santiago Bernabéu, parada obrigada para os máis futboleiros. Pola tarde a rapazada poderá disfrutar do seu tempo de lecer cun paseo polo Parque do Retiro.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Viaxe 4º Cera

Concurso: Mira quen le!

          Como estamos en abril, no mes dos libros, convidámosvos a facervos fotos cun libro e... a ver quen a fai mellor!       

          O departamento de Plástica e a biblioteca convocan este concurso de acordo coas seguintes BASES:

- Poderá concursar toda a comunidade educativa

- Podes enviar DÚAS fotos como máximo ao correo da biblioteca        (bibliotecaramirofonte@gmail.com)

- As fotos poden ser tiradas con móbil ou con cámara

- Nelas tes que saír TI cun LIBRO que che guste                    

- O xurado estará composto por profesorado do centro

- Outorgaranse tres premios ás mellores fotos

          Con todas as fotos faremos un MURO DAS LECTURAS

ANIMÁDEVOS!!!

Podedes presentar fotos ata o 23 de abril

Podemos construír un muro enorme se participamos!

Concurso: Mira quen le!

Como estamos en abril, no mes dos libros, convidámosvos a facervos fotos cun libro e… a ver quen a fai mellor!

 BASES DO CONCURSO.-

-        

Poderá concursar toda a comunidade educativa

Distribuir contido