LA METAMORFOSIS
Gregorio Samsa se despierta en su habitación transformado en un ser horroroso. Debe ir a trabajar y sus padres intentan entrar en su habitación. Al descubrir que es un ser extraño, quedan completamente horrorizados. La familia Samsa viaja a un hotel y encierran a Gregorio en una habitación. Más adelante, la hermana de Gregorio le trae comida y le toca el violín. Angustiado, Gregorio empieza a manejar los nuevos rasgos de su cuerpo. Llega un momento en el que los padres de Gregorio se cansan de su hijo y empiezan a pelear. Más adelante, Gregorio sufre sintiendo el dolor que le han causado los múltiples golpes que ha recibido. Enferma y al final, muere. La familia Samsa se alegra y justo al final, la hermana de Gregorio se recoge el pelo y estira su cuerpo joven.
No sorteo celebrado o martes 12 de xaneiro entre os lectores da biblioteca do primeiro trimestre deste curso, resultou afortunado co vale de 25€ para libros o alumno de 1º ESO A
Noah Ruiz
Parabéns ! !
Hora zulú Santiago Lopo
O grupo de lectura de 1º de bacharelato A e B leu e comentou no mes de decembro Hora zulú, novela de Santiago Lopo.
Un home aparece ferido e nu ao pé dun acantilado. Ninguén sabe quen é. É ingresado nun psiquiátrico e, a través de informes, correos electrónicos e outros textos, vaise descubrindo pouco a pouco a súa identidade e o que en realidade lle aconteceu.
Os nenos da varíola María Solar
Os membros do grupo de lectura de 3º ESO A lemos ao longo do mes de novembro esta novela de carácter histórico de María Solar que levou o Premio Fervenzas Literarias 2017 ao Mellor Libro Xuvenil do ano e o Premio Gala do Libro 2018 na categoría de Mellor Obra Xuvenil.
A elección deste libro por parte da coordinadora do club débese á actualidade do tema que trata: a pandemia provocada por un virus e a aparición e espallamento da vacina.
Rafael comenta que a historia nos amosa A Coruña do 1803, coa pobreza da época, que obrigaba aos país a deixar os nenos no hospicio por falta de recursos e enfermidades. Destas destaca a terrible varíola, que sería como a covid deste momento que vivimos.
Makinaria Carlos Negro
No mes de novembro o grupo de lectura de 1º Bac B leu e comentou esta obra poética de Carlos Negro. En principio os alumnos amosáronse reticentes a facer unha lectura coral e posta en común dun texto poético, pero ao final a experiencia foi moi positiva.
Amplíase o prazo ata o 15 de xaneiro. Anímate e participa!
Clica aquí ou na imaxe para consultar as bases do concurso:
Clica aquí para consultar o documento ENIGMA DE SARGADELOS da revista Cousas do Castelao de 2012.
Clica aquí para ver as fotos da exposición que realizamos no 2012.
O relato gañador nesta V edición do concurso é
"Eran as 21:00..."
de Álex Álvarez Studnicka