Tecnoloxía

Navega con Rumbo

     O 10 de maio visitounos Daniel Medina, enxeñeiro informático, que falou de ciberseguridade ao alumnado de 2ºESO dentro do programa Navega con Rumbo organizado pola Xunta e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Informáticos de Galicia.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Navega con Rumbo

Obradoiro de seguridade informática e hacking ético

     O 27 de xaneiro o alumnado de TIC de 1º bacharelato B asistiu a un interesante obradoiro a cargo do profesor e pentester Kike Fontán.
     Esta actividade foi ofertada pola concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Obradoiro seguridade informática

Creactivity de EduCaixa

          No mes de maio o alumnado de 2ºESO  acudiu á actividade "Creactivity" de EduCaixa, un espazo  baseado no movemento tinkering liderado polo Exploratorium de San Francisco no que os rapaces solventaron diferentes retos movilizando dun xeito transversal as súas competencias no campo STEAM (Sciencie, Technology, Engineering, Art e Matemática).

Álbum: Curso 2018/2019 -> Creactivity EduCaixa

Navega con Rumbo

     O 24 de maio acudiu ao noso centro Ignacio Colino, quen impartiu unha interesante charla sobre o uso responsable das novas tecnoloxías ao noso alumnado de 1ºESO dentro do programa "Navega con rumbo" organizado pola Consellería de Educación e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

     Clicando aquí podes descargar a presentación que acompañou a charla (pdf).

Álbum: Curso 2017/2018 -> Navega con Rumbo

Historia das telecomunicacións

     O 7 de maio visitáronnos voluntarios da Fundación Telefónica para desenvolver unha actividade co alumnado dos dous cursos de ciencias de 1º BAC. O alumnado recibiu unha charla introdutoria sobre a historia das telecomunicacións e viu modelos antigos de telefonía fixa e móbil. Tamén puideron observar como se realiza a técnica de fusión de fibra óptica e unha práctica de transmisión de datos mediante luz.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Historia das telecomunicacións

Proxectos de Scratch

Aquí tedes algúns proxectos Scratch realizados polos alumnos e alumnas de TIC no curso 2014/2015:

Anuncios publicitarios TIC

 

  Neste mes de marzo os alumnos da materia de TIC de 1º de bacharelato contaron ca presenza de Mara Sanmartín, que cursa o Máster de Profesorado, quen lles propuxo, entre outras actividades, a realización de varios vídeos publicitarios que debían incorporar, a ser posible, conceptos físicos, químicos e/ou matemáticos.

Mecanismos e máquinas

MecanESO. Interesante páxina que contén moita información sobre mecanismos, exercicios, ...

Engranatges. Aquí podes atopar exercicios sobre engrenaxes, poleas e polipastos.

Motores animados. Podes ver animacións sobre o funcionamento de distintos tipos de motores.

Máquinas e mecanismos. Nesta páxina con información e animacións.

 

Electricidade e electrónica

Unesa. Nesta páxina podes atopar datos interesantes sobre a electricidade e os seus usos.

Controla. Xogo que simula o funcionamento dun Centro de Control Eléctrico.

Tecnoweb. Nesta páxina podes atopar información e actividades sobre a electricidade.

Distribuir contido