O 24 de abril un grupo de alumnado de 2ºC e 3ºA acudiu a contarlles historias aos alumnos de Infantil do CEIP O Pombal para conmemorar o Día Internacional do Libro.
O venres día 26, o catedrático de Literatura española da Universidade de Vigo, especialista na literatura dos séculos XVI e XVII, director do Anuario “Hesperia” de Filoloxía Hispánica, Presidente de Honra (despois de presidila entre 2004 e 2012) da Asociación internacional de Cervantistas…, don José Montero Reguera, acudiu por terceira vez ao noso instituto para contarnos algunhas cousas das que tanto sabe sobre o inmortal libro de Cervantes.
O mércores 24 de abril comezaron as actividades organizadas polo departamento de Lingua Castelá e Literatura para festexar o Día do Libro destinadas a un público moi variado, tal como reza o título xenérico nesta ocasión. Pódese ver o motivo dese título no programa, no que non se reflicten outras actividades que se desenvolven nas aulas, como, por exemplo, a lectura de fragmentos do libro favorito por parte do alumnado.
Dentro das actividades para celebrar o 23 de Abril, Día do Libro, tivemos no vestíbulo a carón do Salón de Actos unha exposición de libros de pequeno tamaño. Puidemos ver exemplares de dicionarios pequenos, varias edicións do Quixote en pequeno formato e moitos exemplares das famosas coleccións “Crisol” e “Crisolín” da antiga editorial Aguilar.
Pero os máis pequenos de todos eran os fabricados coas súas propias mans pola alumna de 2º ESO-C NOELIA CAROLLO, que tivo a ben cedérnolos para que todos puidésemos comprobar a súa habilidade para confeccionar tales miniaturas. En agradecemento, regalámoslle, para que pase un tempo agradable con ese pasatempo que sabemos que lle gusta, un libro, de formato estándar nesta ocasión.
Parabéns pola túa afección e a túa demostrada habelencia, Noelia!
Dentro das actividades programadas polo departamento de Lingua Castelá e Literatura o día 23 de Abril, os alumnos de 1º de bacharelato tiveron ocasión de realizar diferentes xogos lingüísticos como, por exemplo, “Preguntas de mierda”, “Absolutas idioteces” ou a construcción dalgunha historia a partir dos “Story cubes”. Son, desde logo, alternativas moi interesantes aos tradicionais xogos de mesa.
Todo baixo a batuta da animadísima profesora Alexia Dotras, que non dubidou en retratarse con un dos nosos ilustres visitantes dese Día.
No marco das actividades do Día do Libro o martes día 24 ás 9 da mañá tivo lugar no Salón de Actos a lectura por 1º ESO B do primeiro acto da obra de Federico GARCÍA LORCA La zapatera prodigiosa. Asistiron todos os alumnos de 1º da ESO.
Aquí podes ver algunhas fotos das Lecturas que desenvolveron o luns 23 de Abril, Día do Libro, os alumnos de 1º ESO A e C:
Como cada ano desde 1930, celebramos en España esta festa para homenaxear a ese gran compañeiro que pode ser en tantas e tan diversas circunstancias un LIBRO. Posteriormente incorporouse tamén a defensa dos dereitos de autor, ignorados en tantas ocasións.
Igual que outros anos desde hai xa algúns, no instituto celebramos esta festa do libro e a lectura realizando unha serie de actividades para animar e incentivar ao alumnado ao coñecemento de autores clásicos e á lectura en xeral.
Este é o programa de actividades que desenvolve o Departamento de Lingua e Literatura Castelá:
O pasado xoves 23 de novembro o alumnado de 1º e 2º da ESO tivo ocasión de desenvolver unha xornada diferente acudindo á representación dunha adaptación teatral da novela Oliver Twist, obra dun dos iniciadores do Realismo literario, Charles DICKENS.
O martes 17 tivemos a oportunidade de desfrutar da poesía da man dos protagonistas do recital Kerouac. Baixo a animada moderación de Marcos de la Fuente puidemos desfrutar da declamación dos versos sentidos de David Casal, a poesía explosiva e explícita de Brais Nogueira, así como do lirismo e a elegancia rítmica dos versos de Cynthia Menéndez. Esta última, de visita no IES Castelao por segunda vez con este proxecto, adicou a súa actuación ó centro, no que pasou os seus anos de estudo da secundaria e Bacharelato. Asimesmo, foi a aclamada gañadora do “Poetry slam” que organizan os miembros do recital.
En definitiva, sensibilidade a flor de pel e una maneira máis desenfadada de acceso á poesía para os alumnos da ESO e do Bacharelato. Ninguén ficou indiferente.