XA TEMOS PUNTO LILA

 

Que é?

O Punto Lila xorde no noso centro como unha vía para ofrecer información de forma permanente con temas relacionados co feminismo -entendemos por feminismo a igualdade entre homes e mulleres-.

A quen vai dirixido?

A toda a comunidade educativa que necesite información sobre malas prácticas amorosas, violencia de xénero, grupo LTGBI, acoso…

Como se vai xestionar?

Formaremos un Grupo Lila composto por alumnado e profesorado. A nosa idea é formarnos e formar ao alumnado para que no futuro podamos dar resposta as inquedanzas e dúbidas que poidan xurdir en torno ao feminismo e aos temas indicados anteriormente.

Haberá un buzón no que calquera membro da comunidade poderá pedir cita para facer unha consulta.

Este punto tamén estará aberto a exposicións ou avisos relacionados con este tema.

 Animádevos a participar.

Concurso de cabazas do EDL 2021

Este Samaín o Equipo de Dinamización Lingüística organizou un concurso de calacús. Foron moitas as que se presentaron, pero só tres cabazas foron seleccionadas como as máis temibles.

Podedes ver as gañadoras e o restos das participantes no carrusel.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Concurso de cabazas 2021

Samaín 2021

O pasado venres 29 de outubro tivemos no instituto unha doble celebración: o Samaín xunto co Magosto. Por fin puidemos retomar o tradicional túnel do terror, pero esta vez na biblioteca. O alumnado de 1º ESO tamén tremeu de medo coa lectura dos inquedantes relatos organizada polo EDL. E esta terrorífica mañá culminou cun reparto de castañas para todo o alumnado.

Aquí tedes un vídeo da Biblioteca do terror:

Por último, deixámosvos unhas aterradoras estampas do que foi o día.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Samaín 2021

Buscando a historia

          Animádevos a introducir, nesta arrepiante boca que nos brinda Chus Ferrín, o relato dunha historia que teredes que atopar previamente na cuadrícula dalgún dos carteis do vestíbulo:

Quen dixo medo? Lecturas na biblioteca

Arredor do 1º de novembro adoitamos ler na biblioteca relatos de terror. Fixémolo tamén este curso, como podedes ver nas imaxes.

Abrimos boca tamén, deste xeito, para que o alumnado se anime a participar no concurso de microrrelatos que axiña comezará.

Día das Bibliotecas e Hora de Ler

  

          O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas desde 1997. Este ano faise baixo o lema "Bibliotecas: ler, aprender, descubrir". 

          En Galicia o lema das bibliotecas escolares para este curso é, como se ve no cartaz reproducido arriba é "A biblioteca escolar ten a palabra", coa intención de darlle moita importancia á palabra, á oralidade.

           Desde a nosa biblioteca festexamos este día dando inicio á actividade HORA DE LER este luns 25 de outubro na primeira clase. 

 

Feliz lectura!!

18 de outubro: Día das Escritoras


     O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

     Celébrase o luns máis próximo ao 15 de outubro para reivindicar o papel das mulleres no ámbito da literatura, facer visible o seu traballo e combater a discriminación sufrida ao longo da historia.

     Rara vez as mulleres aparecían nos manuais de historia da literatura, poucas recibían premios de relevancia e moitas víronse obrigadas a utilizaren pseudónimos masculinos... Hoxe, por fortuna, as cousas empezan a cambiar...

      Este ano festéxase a data baixo o lema "Ler as idades da vida". A profesora  Marifé Santiago Bolaños é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021 e tamén responsable dunha escolla de textos que podedes consultar premendo aquí. Asemade, as Bibliotecas Escolares galegas ofrecen unha selección de textos de escritoras galegas que podedes consultar aquí.

     No vestíbulo do centro tendes unha exposición temporal de obras de escritoras en galego e castelán e a biblioteca Ramiro Fonte do noso centro conta tamén cunha decoración especial ao fío desta data.

Planetarios na clase de Bioloxía

O alumnado de 1º ESO estivo traballando no sistema solar. Mirade os planetarios tan interesantes e chulos que fixeron e que decoran a entrada do instituto estes días.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Planetarios
Distribuir contido