Samuel Mountoumnjou


O 23 de marzo, o alumnado de francés da ESO e de Bacharelato tivemos o privilexio de escoitar os contos cheos de maxia de Samuel  Mountoumnjou.
Samuel Mountoumnjou naceu no oeste de Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestrais,  onde se criou, aprendendo moito dos seus pais e avós, iniciándose así na tradición oral, sendo só un adolescente.
O seu variado repertorio está  formado esencialmente de contos, lendas, anécdotas, parábolas e mitos africáns, conservados grazas a esa sabia tradición oral .Son contos cheos de cor e de calidez, que, alén de divertir, invitan a pensar, transpórtannos  a través da selva e da sabana, dos montes e dos vales, ata as profundidades do continente e nos transmiten o espíritu da Africa negra, con toda a súa riqueza. Alén diso, falan de valores tan fundamentais e esquecidos nas nosas aceleradas sociedades occidentais, como a solidariedade, a convivencia, a tolerancia, o comedimento nos comportamentos, a honestidade e a igualdade de xéneros.
Samuel traballa tamén como profesor de idiomas e mediador intercultural. A súa formación e experiencia docente axudáronlle a perfeccionar distintas facetas da comunicación oral. Leva mais de 10 anos traballando con nenos e contando as súas historias por España e Francia e participa habitualmente en actividades de sensibilización intercultural.
Podes ver máis información sobre Samuel nos seguintes enlaces: