Intercambio con alumnos de Saint-Flour


Neste curso tivemos un intercambio lingüístico e cultural entre alumnos de Saint-Flour, na nova rexión de Auvergne-Rhône-Alpes, e do IES Castelao de Vigo. Nunha primeira fase visitáronnos os estudantes franceses do 25 ao 31 de marzo. Dende o 8 ao 17 de maio un grupo dos nosos alumnos e do IES Politécnico de Vigo visitaron Saint-Flour. Clicando na imaxe superior podes ver algunhas fotos da actividade.