Charla: "A chispa azul"

     O martes 20 de decembro o alumnado de 1º de bacharelato de ciencias asistiu á charla "A chispa azul", un interesante percorrido polas distintas formas de enerxía renovable que atopamos no mar, que é un recurso abundante e que temos a man para frenar o cambio climático.
     Organizado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, foi impartido por Carlos Pérez Collazo, enxeñeiro de minas, profesor do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar en Marín, e embaxador do Pacto Europeo polo Clima.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Charla: A Chispa Azul