FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
No DOG de hoxe, 19 de xuño, saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020-2021. Prégase que, preferentemente, as solicitudes se presenten por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. No arquivo adxunto aparece toda a información. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 19 de xuño (incluído)