INSTRUCIÓNS PARA OS DÍAS DE ESTANCIA NA CASA DO ALUMNADO CON MOTIVO DO CORONAVIRUS

Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

 

 
   
   
     

ANPA

 

 

 

 

 

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

Tagged:  

Ante a situación para o vindeiros días, informamos das medidas para continuar, no posible, coa actividade educativa.

Temos habilitadas, na aula virtual do instituto (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescarloscasares/aulavirtual/) unha clase para cada grupo, co nome do propio grupo e a extensión COVID-19. Deste xeito, haberá un grupo 1º ESO A-COVID-19, 1º ESO B-COVID19, … así, con cada un dos diferentes cursos e grupos. Nesa aula virtual estarán aloxados os documentos e indicacións de cada docente para a súa materia. Recoméndase entrar con periodicidade na aula virtual pois o profesorado poderá engadir, ao longo destes días de peche do centro, varias veces documentación e traballos. Nalgúns casos, xa o docente acordou co alumnado continuar co traballo na súa propia aula virtual ou por outro medio.

O acceso ás aulas virtuais non ten contrasinal, polo que débese entrar como convidado.

No instituto permanecerá, de 10 a 13 horas, como indican as instrucións da Xunta, unha persoa do equipo directivo e o profesorado estará localizable por se fose precisa algunha aclaración. 

 

Un saúdo,

O Equipo Directivo