Skip to Content

Enquisa sobre os efectos da covid no alumnado

 Enquisa sobre os efectos da covid no alumnado

Fondo solidario de libros de texto 2021-2022

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso académico 2021-2022. Convocatoria: Orde do 6 de maio de 2021 (DOG do 20 de maio)

Prazo de presentación: Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021

Tramitación:
· 
Presentación electrónica a través da aplicación fondolibros
· Presentación presencial utilizando os anexos I e II da Orde da convocatoria (páxinas 30 a 33 deste PDF).

Matrícula curso 2021-22 para alumnado novo no centro

Calendario de presentación de matrículas para o curso 2021-2022

Lugar: Secretaría do centro
(só alumnado novo)

1º, 2º e 4º da ESO: deberán formalizar a matrícula os días 29 e 30 de xuño de 2021, de 10:00 a 13:00 horas.

1º e 2º de Bacharelato: deberán formalizar a matrícula os días 1 e 2 de xullo de 2021, de 10:00 a 13:00 horas.

Instrucións para matricularse na ABAU. Convocatoria ordinaria 2021

Prazo: do 20 ao 24 de maio.

1- O/A alumno/a deberá pagar a taxa de expedición do Título de Bacharel, imprescindible para a ABAU. O impreso de autoliquidación de taxas pode descargarse nesta ligazón da ATRIGA

Hai que presentar copia deste pagamento nas oficinas do instituto xunto co resto da documentación necesaria para a matrícula.

Traballo de Animación Visual en Vivo "Xela Arias"

Feito por os alumnos de 2º do Ciclo Medio de Video Disc-jockey e Son

Conclusións dos proxectos Erasmus+ no Xelmírez

O único centro en España que coordina simultáneamente dous proxectos Erasmus+ centrados no cyberbullying e no impacto económico do Camiño de Santiago, felicitado polo Conselleiro de Educación no acto de presentación das conclusións.

 

>VER ARTIGO NO CORREO GALLEGO<

Listaxes provisionais. Admisión alumnado para o curso 2021-2022

No día de hoxe, 20 de abril de 2021, publícanse as Listaxes Provisionais do alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso académico 2021-2022. De forma non presencial poderán consultarse só a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre. De forma presencial poderán consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, NON poderán consultarse por ningún outro medio físico ou electrónico de publicación.

TRIC: Bullying and Cyberbullying. Final Meeting Schedule. (27-30 april 2021)

Probas finais alumnos con perda do dereito á avaliación continua (Ciclo e FP Básica)

Reclamacións 2º de Bacharelato e Pendentes 1º (conv. ordinaria)

Ver Circular

 

Distribuir contido


by Dr. Radut