Skip to Content

III CERTAME BANDA DESEÑADA

 

 

O curso 2012-1013 fraguose no IES Arcebispo Xelmírez I o certame de banda deseñada AX1, aberto a todo o alumnado da Comunidade Autónoma de Galicia, de réxime xeral e de adultos. Este proxecto, que contou co prace e inestimable colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, levouse a cabo grazas ao traballo do equipo de dinamización da lingua, o departamento de debuxo e artes plásticas, a dirección do centro e o equipo responsable da dinamización da biblioteca, e a colaboración de 4 xurados expertos na materia, convertíndose nunha das actividades máis transversais do instituto.

Este curso 2014-2015 acábase de publicar a acta de resolución da terceira edición do AX1 (o 26 de maio) e puidemos constatar o enorme interés que esperta no alumnado da nosa comunidade un certame destas características, que busca o vencello dun xénero que cautiva aos rapaces e rapazas de hoxe en día coa lingua galega. Por outra parte, o cómic é un xénero moi versátil: fusiona as artes plásticas, a literatura, a historia, a cinematografía e as novas tecnoloxías, e demanda nos autores e as autoras non só imaxinación e habilidades artísticas, senón tamén capacidade de concreción, orixinalidade e orde no viñetado, e organización e claridade á hora de presentar unha arquitectura narrativa ben trabada.

O incremento de participación ano tras ano durante estas tres edicións anímanos a seguir traballando pola consolidación dun certame que evidencia que o talento, a actualidade e a cultura poden convivir en harmonía coa tradición e a lingua propias, que é, en definitiva, o que nos move. E así no lo demostran os gañadores de esta III edición do certame AX1.

Categoría de 12 a 16 anos:

Primeiro premio, dotado con 500 €, para o traballo ¡MEH! de Paula Amor Díaz, Andrea Barcia García e Celia Gasalla Sánchez, alumnas do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo.

Segundo premio, dotado con 200 €, outorgado a Lorenzo, o ladrón de cómics, creado por Alba Jiménez Pello e Mario Acuña Caldas, do IES de Poio.

Categoría de 16 anos en diante:

Primeiro premio, dotado con 500 €, ao traballo O voo da vacaloura, de Cristian Fojón Caruncho do IES Ortigueira.

Segundo premio, dotado con 200 €, a Philip, creación de Sarela Lorenzo Robledo, do IES Francisco Aguiar de Betanzos.

BASES   ACTA DE RESOLUCIÓN
 
     
 

 

 

 



page | by Dr. Radut