You are hereLocalización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Equipo directivo, Convivencia
Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Equipo directivo, Convivencia
CONMEMORACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
En conmemoración do día internacional da muller, o alumnado do equipo de mediación e convivencia e o Director do centro procederon a colocar o retrato de Irene Sendler para dar nome a aula correspondente. Lembremos que Irene Sendler foi elixida de entre varias candidatas nunha votación feita en todo o centro e a proposta dos Mediadores.
CURSOS PARA RAPACES E RAPAZAS
Esta información pode ser de voso interese.
NOVO TALLER DE MEDIACIÓN ESCOLAR
No marco de PROXECTO M e do Plan de Convivencia terá lugar un novo obradoiro formativo na vindeira semana no IES Antonio Fraguas.
Será xa o terceiro deste curso e irá dirixido, nesta ocasión, ó alumnado experto, para afondar en técnicas e ferramentas espe
VÍDEO SOBRE O MERCADIÑO TRÓCAME-ROQUE
VÍDEO SOBRE O MERCADIÑO TRÓCAME-ROQUE
Agareso e os reporteiros do taller de TV do IES Antonio Fraguas presentan unha reportaxe sobre o Mercadiño Solidario Trócame-Roque levado a cabo en xuño de 2013.
O EQUIPO DE MEDIACIÓN E CONVIVENCIA CONMEMORA O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO. DEREITOS DO NENO
Rapaces e rapazas do equipo de convivencia e mediación fixeron un mural para expoñer na entrada do IES os dereitos do neno.
Acompañaron o cartel con pequenas figuriñas feitas de material reciclado con mensaxes sobre os dereitos dos nenos e nenas.
Ademais expuxeron os textos que o alumnado de 1º de ESO C levou ó Parlamento na conmemoración da data da declaración.
TALLERES DE MEDIACIÓN ESCOLAR
O pasado 13 de novembro tivemos o primeiro dos talleres de MEDIACIÓN ESCOLAR do proxecto M do curso 2013-14. Como noutras ocasións contamos con Noelia de AtalataSocial para a formación.
Esta vez fixemos unha modalidade diferente, consistente en equipos de traballo cooperativo con grupos heteroxéneos, que serviu tanto para iniciar a formación dos novos rapaces e rapazas que se incorporan este curso, como para facer un repaso para os veteráns.
MEMORIA ACTIVIDADES A NOSA VIDA EN POSITIVO
No seguinte enlace tedes acceso á memoria que dá conta do conxunto de actividades levadas a cabo durante outubro e novembro baixo o título:
A NOSA VIDA EN POSITIVO. Vulnerabilidade social en adolescentes e mozos. Reflexións técnicas e experiencias vitais
OBRADOIRO PARA 4º DE ESO. EPA DO CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO
Onte, 19 de novembro de 2013, tivo lugar no IES Antonio Fraguas o último dos obradoiros desenvoltos, no marco da programación do proxecto sobre vulnerabilidade de adolescentes e mozos, A NOSA VIDA EN POSITIVO.
MESA REDONDA
MESA REDONDA
Dentro do prexecto A NOSA VIDA... EN POSITIVO? celebraremos o vindeiro martes unha mesa redonda no Centro Sociocultural de Fontiñas
Este é o cartel da actividade
OBRADOIROS DE ARELA SOBRE A LEI DO MENOR, PROGRAMA KATORCE18
Hoxe leváronse a cabo dous obradoiros para 4º de ESO a cargo de Ana Pérez Figueroa da Asociación ARELA.
Trátase da primeira das actividades previstas dentro do proxecto A NOSA VIDA EN POSITIVO? que desenvolveremos ó longo de varias sesións.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »