Skip to Content

Dinamización Lingüística

Día da Ciencia en Galego

Con motivo da celebración do II Día da Ciencia en Galego, o vindeiro venres 4 de novembro o noso centro participará nunha videoconferencia vía web (con interacción vía chat), impartida por Angel Carracedo, e que ten por título:
  "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial"
Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal é director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo  
de Medicina Xenómica da USC,e está considerado un  referente mundial no campo da medicina xenética e legal. 
 
A videoconferencia terá lugar entre as 12:30h e as 13:30h.

  

As bibliotecas vivas

Neste enlace podedes ver o vídeo "AS BIBLIOTECAS VIVAS, TOMIÑO", co que o noso IES participa na edición actual de PONTENASONDAS.

 

http://youtu.be/eKCFHILZ6DQ

Día da árbore 2011


O EDLG E O DEPTO DE FORESTAIS VOLVEN A COLABORAR PARA CELEBRAR O DÍA DA ÁRBORE E REALIZAR UNHA PLANTACIÓN DE ESPECIES AUTÓCTONAS NOS ARREDORES DO NOSO IES, CONTANDO COA COLABORACIÓN MOI ACTIVA DA COMUNIDADE DE MONTES.
ESTA VEZ FACEMOS ESTA CELEBRACIÓN CON MÁIS RAZÓNS AÍNDA POR ESTARMOS NO ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS. 

BRÉTEMA 2010

 

Brétema 2011

Distribuir contido


by Dr. Radut