Skip to Content

Dinamización Lingüística

Letras Galegas 2017

 

22 de Maio de 2017

 Dentro das actividades que imos desenvolver o vindeiro día 22 de Maio para celebrar un ano máis as Letras Galegas, o Departamento de Tecnoloxías organiza a seguinte:

“Emprega a Linguaxe de progamación para coñecer a Carlos Casares”

 

Na seguinte ligazón tedes  información e direccións web onde podedes traballar coas súas propostas

Scratch Casares

 

 

NARF

Acaba de deixarnos Fran Pérez, Narf, grande músico, grande persoa. Tivemos ocasión de contar coa súa presenza, coa súa amabilidade, coa súa música no noso IES hay un par de anos. Sirve este vídeo como recordo daquel fermoso día de viaxe musical na súa compaña. 
Narf, para nós, estará sempre así, enérxico, con esa guitarra que se transformaba en mil instrumentos, coa súa voz que nos trasladaba a rincóns de Africa onde nunca estivemos. 

Revista Brétema 16

 

Letras Galegas 2016

Presentación de imaxes da Xornada de Celebración das Letras Galegas 2016, adicadas a Manuel María

Brétema 2015

 

 

 

CORRELINGUA 2015. NOTA DE PRENSA

A 15ª edición do Correlingua chega a Tomiño o vindeiro 11 de maio.

Baixo o lema: “Galego, a nosa creación común”, centos de alumnos e alumnas da comarca percorrerán as rúas de Tomiño até a praza do Seixo.

 

A Guarda, 8 de maio de 2015-. A edición 2015 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todas as etapas educativas organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo, chega a Tomiño o próximo luns día 11 de maio.

O Correlingua chega a Tomiño na súa sexta xornada e faino baixo o o lema:  Galego, a nosa creación común. En Tomiño o Correlingua conta coa colaboración do Concello de Tomiño a quen lle queremos agradecer que teña acollido e apoiado a actividade.

Información intercambio 2015

 

BRÉTEMA 14

 

NOVAS Dinamización Galega

 

Plantación 2013

Un curso máis, e xa van uns cantos, os alumnos e alumnas de 1º de ESO, axudados polo alumnado de Forestais e PCPI, parciticparon na plantación de especies arbóreas autóctonas nos arredores do IES de Tomiño.

Aquí tedes en vídeo un cachiño do que pasou

Distribuir contido


by Dr. Radut