Skip to Content

Edusaúde: Superheroes e superheroinas

 

 

No presente curso, a xefa do departamento de Educación Física está a levar a cabo un novo proxecto:

“Os superheroes e superheroínas do Antón Alonso Ríos”, enmarcado dentro dos Contratos Programa e concretamente no EDUsaúde.

Vai dirixido ao alumnado de 1º e 4º ES e 1º de bacharelato. Aínda que neste municipio, Tomiño, a xuventude sempre tivo unha excelente resposta as propostas deportivas, dende que comezou a pandemia mundial, moita xente descubriu os superpoderes do exercicio físico. Os seus beneficios fisiolóxicos e psicolóxicos, así coma a súa compoñente socializadora.

Así pois, a finalidade deste proxecto é colaborar en que o Centro sexa un dinamizador máis de hábitos de vida saudables, contribuíndo a unha mellor calidade de vida do noso alumnado. A idea é relacionar un superhéroe ou superheroína cunha capacidade física. Por exemplo, “Flash” é un personaxe coñecido por mozos e adultos pola súa velocidade, ou “Hulk” pola súa forza.

Tendo en conta as 4 capacidades físicas que compoñen a condición física de cada persoa: Forza, Resistencia, Velocidade e Flexibilidade, é interesante atribuír estas capacidades ao noso alumnado. Deste xeito plantexamos visibilizar a aqueles alumnos e alumnas que van conseguido ganar retos, superarse ou destacar. As tarefas serán propostas por unha dobre vía: 

-Nas propias clases de Educación Física, na que se traballan periodicamente este tipo de contidos.

-A través de retos que se propoñen nas redes, por calquera das canles: aula virtual, páxina web do centro, etc.. Xa están publicados no devandito taboleiro os protagonistas deste outono: o alumnado recén chegado: 1º ESO.



page | by Dr. Radut