Skip to Content

Facendo Física de Particulas polo mundo

 O IES DE TOMIÑO PARTICIPA

NA VIDEOCONFERENCIA

 "Facendo Física de Partículas polo mundo"

Os experimentos do LHC no CERN levan máis de dous anos de toma de datos. Neste período producíronse resultados científicos de grande interese. A descuberta dunha resonancia que podería ser o bosón de Higgs, que foi noticia de primeira páxina en todos os informtivos do mundo, a pescuda de partículas supersimétricas, os resultados na busca do plasma de quarks e gluons, o estado da materia do universo primitivo, son só algúns dos fitos acadados.
Neste proxecto internacional traballan físicos galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilingüe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científica. 
Nesta actividade reuniremos nunha videoconferencia a varios investigadores espallados polo mundo que participan nos experimentos do LHC e que nos contarán a súa experiencia científica e lingüística e as vantaxes que lles supuxo saber falar galego.

Relatores:

  • Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.
  • Olalla Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.
  • Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN. Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo.
  • Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.


page | by Dr. Radut