Skip to Content

Complementarias

Deporte 19/20

Manolo Rivas no noso IES

O pasado venres 16 de Marzo estivo connosco Manolo Rivas para falarnos da súa novela "O lápis do carpinteiro"  (podes ver a súa adaptación cinematográfica AQUÍ) e do proceso de creación de textos como un tecido engarzado onde a literatura ten que cumprir a función da memoria dun pobo. 

 

Manuel RIvas con Sofía e Tristán, alumnos de 1º de Bacharelato

 

Tomiño en negro

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Están tolos estes humanos

Espectáculo de teatro, música e vídeo co que pechamos este curso. Moitas grazas a todo o profesorado e alumnado que colaborou neste gran traballo. Escola pública de calidade.

Novo nome do IES

BASES NA SEGUINTE LIGAZÓN

BICOS (día da paz 2016)

Maqueta da parroquia de Tomiño

O IES de Tomiño presenta, na Aula de Cultura, a maqueta construída, dentro da materia "Proxecto Interdisciplinar", polos 120 alumnos e alumnas que cursaron 1º de ESO, durante o curso 2013-2014.

A maqueta representa, a escala 1/2.000, a Parroquia de Santa Mª de Tomiño e foi construída con pranchas de cartón, a partir do mapa topográfico. O traballo estivo coordinado polos profesores Luís Lechuga e Carlos Villanueva, co apoio da Comunidade de Montes da Parroquia.

 

O resultado final é espectacular!

Aprendendo a cambiar o conto, de novo seleccionada!

 Última hora: "Aprendendo a cambiar o conto" foi seleccionada, por segunda vez, nun festival latinoamericano. Neste caso, tratase da V Edición do “Festival Internacional de Cine por la Equidad de Género.  Mujeres en Foco”, que vaise celebrar do 25 de setembro ao 1 de outubro na cidade de Buenos Aires. A curta, protagonizada polo noso alumnado, concursará na sección “Infancia e Xuventude”.

 

 

 

Aprendendo a cambiar o conto, a experiencia audiovisual sobre igualdade de xénero protagonizada por rapaces e rapazas do IES de Tomiño e dirixida por Marta Piñeiro, foi seleccionada no 6ª Festival Latinoamericano de Curtametraxes Imaxes Sociais que se celebrará do 13 ao 16 de Agosto en Arxentina. Proxectarase fóra de concurso dentro da sección Mostras Especiais con obras de Arxentina, Colombia, Venezuela, Brasil e Chile.

 http://imagenesocialesfest.blogspot.com.ar

A NOSA MAQUETA NA TVG

 

 

Os meus marcianos (PIM 2013)

Distribuir contido


by Dr. Radut