Skip to Content

Lingua Galega

Charlas-coloquio sobre o Parlamento de Galicia

O pasado 30 de novembro o alumnado de Afondamento de Galego puido achegarse máis ao labor que realiza a clase política no Parlamento Galego. Esta é unha das actividades que organiza o Parlamento de Galicia para achegar a política os máis novos e, para iso, achegáronse ao centro tes exdeputadas que contaron a súa experiencia na cámara dende posicións políticas diferentes.
María Ángeles García Míguez, Consuelo Martínez García e Carme Adán Villamarín conversaron co alumnado e instárono a que se preocupen polos temas de actualidade que nos inflúen, ao tempo que lles trasladaron que hai moitas formas de facer política e que o Parlamento é un órgano aberto ao que poden trasladar propostas.
Unha experiencia moi gratificante para un alumnado que en pouco tempo terá idade para votar e decidir.

Visita de Francisco Calvo del Olmo

Esta semana visitou o noso centro o lingüísta da Ludwig-Maximilians Universität de Munic, Francisco Calvo del Olmo. O alumnado de bacharelato desfrutou dun encontro co autor que é autor de dúas novelas en galego: Crónica córnica e Unha saca de patacas, ambas editadas na Editorial Xerais.

Conversou co alumnado sobre a súa aprendizaxe de galego en Madrid, na Universidad Complutense, e o seu amor polos idiomas que o levou a ser un gran coñecedor das linguas románicas e non só. A vontade de entendernos, a autodeterminación da nosa identidade sempre en contrución, o proceso creativo ou a trama das súas novelas moi apegada á sociolingüística, foron algúns dos temas que debullou co noso alumnado.

Agradecemos a súa visita e o interese que espertaron as súas palabras.

Conferencia de Xesús Alonso Montero e Aser Álvarez González - 2023

O alumnado de 2° de bacharelato asistiu a unha conferencia do catedrático e membro da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. Acompañado de Aser Álvarez González, director do documental LOVE Velo, profundizaron na figura de Xosé Velo e noutros aspectos do franquismo e da literatura galega. A proxección do documental xunto coa exposición que tivemos durante varias semanas no instituto axudaron a completar este episodio ás veces descoñecido da resistencia franquista. Agradecemos á ANPA a colaboración nesta actividade.

Aquí tendes as fotos da conferencia.

Aquí as fotos da exposición.

 

Día de Rosalía 2023

DiaRosalia_2223No noso centro celebramos o Día de Rosalía co xa tradicional troco de libros onde o alumnado puido intercambiar lecturas en galego e ademais recibir unha flor. Dentro da celebración o alumnado de 1° de bacharelato puido asistir a un pequeno concerto da artista Su Garrido que fixo seimus varios poemas da nosa lírica.

Botádelle un ollo ás fotos da galería!

Residencia de Maiores Fundación San Rosendo

Esta mañá o alumnado de 2° da ESO A achegouse á Residencia de Maiores Fundación San Rosendo, en Coia, para compartir as cartas que realizaron na materia de Lingua Galega. Levabamos tamén doces e todo o noso cariño, pero saímos máis que compensados polo agarimo e a alegría recibida! Volveremos, como nos pediron!

 

ResidenciaMaiores_2022

VISITA Á CASA GALEGA DA CULTURA

O alumnado de 4º da ESO acompañado polas compañeiras do Departamento de Galego visitaron as instalacións da Casa Galega da Cultura onde se atopa a Fundación Penzol e a Biblioteca-Arquivo Francisco Fernández del Riego xunto coa súa pinacoteca.

Puideron desfrutar das explicacións do director, Xosé Manuel Soutullo que lles fixo unha visita guiada polas instalacións.

Aproveitaron a saída para visitar a exposición sobre María do Carme Kruckenberg: Vivir unha aventura irrepetíbel con fondos da Fundación Penzol, a quen a poeta entregou toda a súa biblioteca e arquivo.

Penzol

AS PORTAS DO INFERNO

Un ano máis o Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Galego organizaron o concurso do Samaín: As portas do Inferno. Cada clase decorou as portas das súas aulas con motivos propios das datas e un xurado composto por profesorado e alumnado do centro escolleu seis finalistas:

1º ESO B, 1º ESO C, 1º ESO D, 3º ESO C, 3º ESO diversificación, 4º ESO C.

Finalmente a premio para a porta máis divertida foi para 1º ESO C e o premio para a porta máis terrorífica para 4º ESO C.

Letras Galegas 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 NO IES ÁLVARO CUNQUEIRO

Este ano, a homenaxe do centro á figura de Florencio Delgado Gurriarán encheu o IES de actividades durante a semana do 16 ao 20 de maio: poesía na rúa, mostra de instrumentos e baile tradicional, visitas aos centros adscritos e ata unhas lecturas dramatizadas por parte do alumnado! 

Mercadiño de troco

O vindeiro 23 de febreiro, para conmemorar o Día de Rosalía, o EDNL, o Departamento de Lingua e Literatura Galega, a Biblioteca e o Departamento de Economía organizarán un mercado de troco de libros usados no que poderá participar aquel alumnado do centro que así o desexe.

Donas de sí

 

DEPARTAMENTO DE GALEGO : Xela Arias

Muro colaborativo no que o alumnado de 4º da ESO destaca diversas facetas da poeta Xela Arias, profesora do noso instituto no curso 2002/2003. Profesoras :Susana González, Estela Suárez  e Malores Villanueva.

 

DEPARTAMENTO DE MÚSICA : Reencontros coa música- X Mostra de Música Viva

Encontros coa música neste curso especial na que a participación feminina segue a ser fundamental. Profesor : Xaime Estévez.

 

DEPARTAMENTO LINGUA CASTELÁ : Donas de Sí, Mulleres Implicadas.

Documento con entrevistas e imaxes nas que profesoras directivas do noso centro neste século e alumnas implicadas especialmente deixan constancia do seu traballo e da súa pegada no instituto. Profesora : Isabel Pérez.

 

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS : Donas de Sí, Unha Análise Macro.

Interesantísimo estudo estatístico da presenza da muller no instituto con datos obxectivos e gráficas ilustrativas. Profesor : Gabriel Pérez

Distribuir contido


by Dr. Radut