Skip to Content

Actividades curso 2023-2024

Erasmus+ Jobshadowing en Finlandia

100Durante o mes de setembro de 2023, tres profesoras de bioloxía (a xefa do departamento) e inglés (a xefa do departamento e maila coordinadora da sección bilingüe) do noso centro tiveron a oportunidade de visitar un instituto finés, participando en clases de diferentes materias (bioloxía, xeoloxía,física e química, música, inglés, castelán, finés para estranxeiros e mesmo xaponés) e reuníndose con multitude de profesionais educativos do centro de acollida para aprenderen os segredos do seu tan aclamado sistema educativo.

 

Erasmus+ Movilidade a Budapest

Do 25 ao 29 de setembro 2023, o noso alumnado tivo a oportunidade de disfrutar dunha experiencia no centro educativo “Europa 2000” de Budapest participando en actividades académicas, asistindo a diferentes clases bilingües e actividades culturais e sociais cos seus compañeiros de acollida, ademáis de experimentar unha integración na vida cotiá húngara por estaren nas familias de acollida.

Visita de Francisco Calvo del Olmo

Esta semana visitou o noso centro o lingüísta da Ludwig-Maximilians Universität de Munic, Francisco Calvo del Olmo. O alumnado de bacharelato desfrutou dun encontro co autor que é autor de dúas novelas en galego: Crónica córnica e Unha saca de patacas, ambas editadas na Editorial Xerais.

Conversou co alumnado sobre a súa aprendizaxe de galego en Madrid, na Universidad Complutense, e o seu amor polos idiomas que o levou a ser un gran coñecedor das linguas románicas e non só. A vontade de entendernos, a autodeterminación da nosa identidade sempre en contrución, o proceso creativo ou a trama das súas novelas moi apegada á sociolingüística, foron algúns dos temas que debullou co noso alumnado.

Agradecemos a súa visita e o interese que espertaron as súas palabras.

Distribuir contido


by Dr. Radut