Skip to Content

Entroido

Entroido 2024

Un ano máis o instituto encheuse de cor grazas ao alumnado e ao profesorado que se disfrazou no tradicional desfile de Entroido.

Como xa vén sendo tradicional aqueles disfraces máis orixinais viron recompensada a súa creación dunha bandexa de orellas, o postre tradicional destas datas.

E aínda que chova, viva o Entroido!

 

Entroido 2023

Entroido 2023O pasado venres 17 celebramos a festa do entroido no instituto. Grazas a todo o alumnado e profesorado que particpou no concurso de regueifas, no desfile de disfraces e na festa das dúas últimas horas.

Tendes as fotos na galería!

Entroido 2022

ENTROIDO NO IES ÁLVARO CUNQUEIRO

Este curso recuperamos a celebración do Entroido no IES Álvaro Cunqueiro. Os grupos da ESO participaron nun desfile-concurso no que os disfraces mostraron a creatividade e a simpatía do alumnado e, tamén, do profesorado. 

Entroido 2017

     

O venres 24 de febreiro celebraremos o Entroido no instituto. As actividades serán:

  • Concurso de regueifas para os grupos de ESO, organizado polo departamento de Galego.
  • Festival de bailes dirixido polo departamento de Educación Física
  • Concurso de comparsas ao que poderán presentarse todos os alumnos do centro.
   
  

  

     
  Para este último haberá que inscribirse en Vicedirección antes do 10 de febreiro, coas seguintes bases:
  1. Poderase participar tanto en grupo como individualmente
  2. A actuación constará dunha breve coreografía para desfilar que durará uns 2 minutos. Os participantes deben aportar a música para a actuación.
  3. O xurado valorará a orixinalidade dos disfraces e a posta en escea,
   
   

 

    
     
       
  Reportaxe fotográfica    
 

 

 

 

   

Celebración do Entroido 2017

       
       
     
       
  Reportaxe fotográfica    

VIDEO RESUMO DAS ACTUACIÓNS DO ENTROIDO

 

 

 

Entroido 2016

       
       

Con ocasión da festa do ENTROIDO, o venres 5 de febreiro celebraremos, como en anos anteriores, un festival (11:45 a 13:45 horas).

Nesta ocasión participará nos bailes o alumnado de 1º de bacharelato.

 

 

Acudide, pasarémolo ben !!

     

 

 

 

Entroido 2015

     
  ...  
     
 

Este ano celebraremos o Entroido cunha exhibición de baile na que participará o

alumnado lucindo os seus mellores traxes ó son dun repertorio musical moi variado: 

cumbia, bachata, vals, tango e rock and rock.

 
     
 

Será no polideportivo

a partir das 11:20 do venres 13 de febreiro.

 
 

 

 
     
   

 
     
     
Distribuir contido


by Dr. Radut