Actividades no centro
Exposición de arte na cafetería
O alumnado de 3º da ESO traballou na materia de Plástica diferentes obras de arte para as que buscaron unha reinterpretación.
Así de ben quedou o seu traballo e convertiron a cafetería do centro nun espazo cheo de arte.
Se queredes ver máis, aquí tendes o album!
O alumnado de 2º de bacharelato afonda no mundo da economía
Nestas últimas semanas o alumnado de Economía de 2º de bacharelato tivo a oportunidade de coñecer de primeira man algunhas das posibilidades de continuación de estudos nese campo en Vigo.
Emilio García Roselló, profesor da Facultade de Comercio da UVigo, explicoulles as saídas profesionais e as posibilidades que ofertaba o seu grado. A semana seguinte, o profesor Benito Gil, da Universidade Intercontinental da Empresa, con sede en Vigo, tamén os informou sobre a oferta formativa que teñen e as bolsas dispoñibles para o alumnado.
Charlas culturais en Inglés
O pasado luns 28 de novembro, o alumnado de bacharelato tivo a oportunidade de desfrutar dunhas charlas culturais en inglés ofrecidas pola editorial dos seus libros de texto, Burlington Books.
O ponente faloulles de cuestión culturais e lingüísticas de distintos países anglofalantes, profundizando nalgunhas das diferenzas entre as distintas variedades da lingua respecto da británica estándar, a través da música e de distintos xogos.
Esperamos repetir a experiencia o ano próximo!
AS PORTAS DO INFERNO
Un ano máis o Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Galego organizaron o concurso do Samaín: As portas do Inferno. Cada clase decorou as portas das súas aulas con motivos propios das datas e un xurado composto por profesorado e alumnado do centro escolleu seis finalistas:
1º ESO B, 1º ESO C, 1º ESO D, 3º ESO C, 3º ESO diversificación, 4º ESO C.
Finalmente a premio para a porta máis divertida foi para 1º ESO C e o premio para a porta máis terrorífica para 4º ESO C.
Podes consultar Aquí algunhas portas presentadas ao concurso.
Charla sobre violencia sexual do Concello de Vigo
O venres o alumnado de primeiro de bacharelato tivo a oportunidade de asistir á charla sobre violencia sexual que impartiu unha traballadora do concello, da área de Igualdade. Falounos dos tipos de violencia sexual, fíxonos un repaso dos ámbitos onde as mulleres sofren máis agresións e abriunos os ollos sobre situacións normalizadas nas que se produce violencia machista (música, cine, anuncios...). Explicounos tamén aspectos sobre a nova lei, e contounos algúns aspectos do seu traballo, como acompañar as mulleres que sofren algún tipo de violencia machista, escoitalas, aconsellalas, etc. Un pracer!!!
Grazas ao @equipo_morgana pola súa organización!!!

Visita do alumnado de Bialystok
Este outubro recibimos no centro a alumnado de Bialystok, Polonia dentro do programa Erasmus Plus. Durante unha semana compartimos experiencias e coñecementos, tamén aulas ao redor dun proxecto: o estudo dos parques naturais. No instituto asistiron a diferentes clases e tamén nos explicaron as características dos seus parques naturais. Unha experiencia marabillosa que enriqueceu enormemente a toda a comunidade educativa e ás familias acolledoras.
Letras Galegas 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 NO IES ÁLVARO CUNQUEIRO
Este ano, a homenaxe do centro á figura de Florencio Delgado Gurriarán encheu o IES de actividades durante a semana do 16 ao 20 de maio: poesía na rúa, mostra de instrumentos e baile tradicional, visitas aos centros adscritos e ata unhas lecturas dramatizadas por parte do alumnado!
Letras Galegas 2016
|
||
Este ano o día das Letras Galegas está adicado a MANUEL MARÍA. O acto de apertura da conmemoración estivo a cargo do escritor e xornalista Manuel Veiga. |
||
O venres, 13 de maio, tivo lugar a un macrofestival protagonizado polo alumnado do centro, que contou coa participación de María Xosé López Villar e Xico de Carinho, que nos deleitaron con actuacións musicais . . . |
||
Reportaxe fotográfica |
||
|
Alumnado mediador
Este curso púxose en marcha un programa de "Mediación de conflitos entre alumnado" no noso centro, introducindo así unha filosofía de xestión da convivencia baseada nas capacidades de negociación e respecto mutuo, fomentando a empatía e mellorando as relacións interpersoais.Neste sentido formouse un grupo de alumnas/os mediadores capaces de escoitar e axudar a outros compañeiros e resolver os seus conflitos dun modo pacífico potenciando unha educación baseada na tolerancia, a solidariedade, a convivencia e o diálogo.Ánimo rapaces, hai un longo camiño por percorrer !!
|
Letras Galegas 2015
|
LETRAS GALEGAS 2015
|
|
O programa cultural que dará paso á celebración das Letras Galegas 2015, organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Galega, comenza o próximo xoves a partir das 11:00 horas coa representación teatral dunha obra de Cándido Pazó no Salón de actos do noso centro.O venres continuará coa celebración dun Festival ao que asistirá o alumnado de ESO e Bacharelato. Daránse cita nel músicos e poetas coa intención de poñer de relevo algunhas das poesías mais coñecidas de Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano. |
![]() |
|
