Skip to Content

Taboleiro

Charla informativa sobre a ABAU da USC

Esta semana o alumnado de 2º de bacharelato asistiu a unha charla informativa sobre as ABAU e as saídas universitarias despois da proba. O profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco R. Lestegás, explicoulles o proceso das probas de acceso á universidade e todo o proceso que vén despois para que poidan ir máis seguros e afrontar con éxito os exames.

 

Charlas-coloquio sobre o Parlamento de Galicia

O pasado 30 de novembro o alumnado de Afondamento de Galego puido achegarse máis ao labor que realiza a clase política no Parlamento Galego. Esta é unha das actividades que organiza o Parlamento de Galicia para achegar a política os máis novos e, para iso, achegáronse ao centro tes exdeputadas que contaron a súa experiencia na cámara dende posicións políticas diferentes.
María Ángeles García Míguez, Consuelo Martínez García e Carme Adán Villamarín conversaron co alumnado e instárono a que se preocupen polos temas de actualidade que nos inflúen, ao tempo que lles trasladaron que hai moitas formas de facer política e que o Parlamento é un órgano aberto ao que poden trasladar propostas.
Unha experiencia moi gratificante para un alumnado que en pouco tempo terá idade para votar e decidir.

25 de novembro 2023

O Equipo Morgana durante toda a semana animou ao alumnado a que participase no muro contra as violencias machistas. Así fomos escribindo aquelas frases que escoitamos repetidamente sobre as mulleres e que son limitantes, que crean inseguridades, que nos cousifican... A cada persoa que deixaba a súa lousa regaláronlle unha chapa que as integrantes do Equipo Morgana fixeron co material dos Polos Creativos.

O 25 de novembro vestímonos de negro como mostra externa da nosa repulsa por todas as violencias e gardamos un minuto de silencio polas que faltan.

Bolsas estudos postobrigatorios 2023

 

O 27 de marzo abre a Convocatoria de bolsas xerais de estudos para niveis postobrigatorios. As familias poderán solicitalas ata o 17 de maio.

É importante que o alumnado pida a bolsa neste prazo aínda que non saiban o que van estudar nin onde nin si van seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderán pedir para o curso 23/24 (os datos académicos son provisionais e en setembro, previsiblemente, poderán acceder de novo á solicitude para modificalos).

Tamén recordamos que o alumnado da ESO que teña intención de cursar FP Básica no curso 23/24 debe solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela.

Accede aquí á publicación do Ministerio de Educación e Formación Profesional no BOE do 17 de marzo.

Residencia de Maiores Fundación San Rosendo

Esta mañá o alumnado de 2° da ESO A achegouse á Residencia de Maiores Fundación San Rosendo, en Coia, para compartir as cartas que realizaron na materia de Lingua Galega. Levabamos tamén doces e todo o noso cariño, pero saímos máis que compensados polo agarimo e a alegría recibida! Volveremos, como nos pediron!

 

ResidenciaMaiores_2022

Cualificacións proba ordinaria de ABAU 2022

Segundo informa La Voz de Galicia, o noso centro ten a 5ª mellor media de ABAU de Galicia e a 2ª mellor media de Vigo! Deixámosvos aquí o enlace á noticia.

Ademais, as catro matrículas de honra desta promoción de 2º de bacharelato foron convocadas ao Acto de Recoñecemento aos mellores expedientes organizado pola USC. Parabéns rapazas!

Finalmente, dende o centro queremos extender a felicitación a todo o alumnado de 2º de bacharelato que se presentou á convocatoria ordinaria de ABAU polas súas cualificacións, xa que o 100% do alumnado de matrícula ordinaria superou a proba.

Notas ABAU

Reportaxe no Faro de Vigo

O Faro de Vigo publica unha reportaxe sobre o noso instituto ao ser un referente na provincia para alumnado con sordeira. A intérprete de signos, Irene Fontán, acompaña nas materias a ese alumnado para a súa mellor inclusión na aula e o maior entendemento das explicacións.

Promoción, titulación e matrícula de honra


  Información

Novos criterios de promoción, titulación e concesión de matrículas:

Becas Fundación Barrié da Maza

BECAS FUNDACIÓN BARRIÉ DA MAZA

.

Curso 2010 - 2011

       Carmen Zalvide Rodríguez, Premio Nacional de Bacharelato

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut