Skip to Content

2024/06/17 - Devolución de equipos informáticos de préstamo

O alumnado beneficiario do préstamo de equipos informáticos debe devolver os equipos na secretaría do centro o mércores 19 e o xoves 20 de xuño.

 

2024/06/17 - Devolución de libros de Fondolibros

A devolución dos libros do fondo solidario de libros de texto farase o día 26 de xuño, mesmo día da recollida de notas.

A devolución estará organizada por quendas da seguinte forma:

Curso Horario
1º e 2º da ESO 10:00
Entrega de notas 11:30
3º e 4º da ESO 12:00


A recollida levarase a cabo no salón de actos, entrando polo patio cuberto (taquillas) e saíndo pola porta que dá ás pistas.

Unha vez devoltos os libros, o alumnado de 1º e 2º da ESO pasará as súas aulas para recibir ás notas da man da persoa titora.

No caso de 3º e 4º da ESO, a entrega de libros será despois de recibir o boletín de cualificacións.

 

IMPORTANTE: non se recollerá ningún lote incompleto nin se recollerán libros en mal estado.

 

2024/06/17 - Datas de matrícula para o curso 2024-2025

O prazo de matrícula para o curso 2024/2024 é do 24 de xuño ao 8 de xullo (ambos incluídos), preferentemente atendendo ás seguintes datas:

 

Curso Datas de atención preferente
1º da ESO 24 e 25 de xuño
2º da ESO 27 e 28 de xuño
3º da ESO 1 e 2 de xullo
4º da ESO 2 e 3 de xullo
1º de bacharelato 4 e 5 de xullo
2º de bacharelato 4 e 5 de xullo

 

Porén, se alguén ten problemas nas datas concretas especificadas, poderá facer a matrícula calquera outro día do prazo.

 

Olimpíada de Química 2024

O alumnado do Club de Ciencias de 3º e 4º da ESO tivo a sorte de participar na III Olimpíada de Química organizada pola Facultade de Química da UVigo.

Desfrutaron dunha xincana con temática de química percorrendo a facultade para resolver distintas probas (incluíndo prácticas en laboratorios docentes da facultade e un scape room!).

Tamén tiveron a ocasión de coñecer alumnado doutros centros co que formaron equipo para resolver as súas probas.

Unha mañá xenial, xa temos ganas da próxima edición!

 

Visita a Space Lab 2024

A semana pasada o alumnado de 1º e 2º de bacharelato do Club de Ciencias, que tamén participou no proxecto Cansat, visitaron a UVigo SpaceLab e á Escola de Enxeñería de Telecomunicación da UVigo.

Puidemos coñecer de primeira man o traballo que realiza o equipo UVigo SpaceLab, que é un equipo multidisciplinar de estudantes universitarios e persoas investigadoras que deseñan, fabrican e operan pequenos satélites e misións espaciais. Tamén visitamos varios espazos da EE Telecomunicación da UVigo, como son a sala anecoica ou o laboratorio 5g.

Moitas grazas a todas as persoas de UVigo SpaceLab e da Escola que nos permitíchedes adentrarnos nos vosos espazos de traballo durante unhas horas, sobre todo nestas semanas de exames e moito traballo na universidade.

Moitas grazas!

2024/06/11 - Admisión en ciclos formativos de FP para o curso 2024-2025

Entre o día 24 de xuño ás 9:00 e o 4 de xullo ás 13:00, estará aberto o prazo de admisión na FP.

Nos seguintes enlaces poden atopar as instrucións correspondentes:

 

2024/06/10 - Prazos de reclamacións á convocatoria ordinaria de 1º de bacharelato e á extraordinaria de 2º de bacharelato

No seguinte documento poden consultar os prazos para as reclamacións á convocatoria ordinaria de 1º de bacharelato e á convocatoria extraordinaria de 2º de bachareleato.

 

2024/06/06 - Premios extraordinarios ESO curso 2023-2024

Publicación da orde de convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024.

O prazo de solicitudes será dun mes, comezando o 6 de xuño e rematando o 8 de xullo.

No seguinte enlace teñen unha folla informativa da Consellería coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes.

 

 

Musiqueando en Moaña 2024

O pasado luns 3 de xuño desprámonos en barco ata Moaña para encontrarnos cos compañeiros/as do coro do IES A Paralaia.

Tivemos unha fermosa xornada de praia e música, xa que pola mañán disfrutamos dunha ruta sonora co músico local Xavier Blanco, ao longo das praias de Tirán, e pola tarde ofrecemos un concerto conxunto no centro de día da asociación AFAMO.

Agardamos podamos volvernos atopar noutras ocasións!

 

2024/05/29 - Calendario da convocatoria extraordinaria de materias pendentes do curso pasado da ESO e 1º de bacharelato

Xa temos dispoñibles o calendario da convocatoria extraordinaria de materias pendentes do cuso pasado para

 

Distribuir contido


by Dr. Radut