Skip to Content

Novas

Concurso de Problemas de Lóxica e Enxeño - Curso 2016/17

Neste curso, ao igual que  no curso pasado, o Departamento de Matemáticas volve a organizar o concurso de problemas de lóxica e enxeño, e queremos animar a todo o alumnado a que participe e tente resolver os problemas que se lles propoñerán cada 15 días.

Como novidade neste curso, o concurso de problemas de lóxica e enxeño será organizado de maneira conxunta co Departamento de Matemáticas de IES Vecindario de Gran Canaria, de xeito que iremos alternando problemas propostos polo noso instituto con problemas propostos polo IES Vecindario.

 

Máis información

 

 

 

PRÉSTAMO FONDO LIBROS

Dende a Dirección do centro aconsellamos non comprar ningún libro antes de que entreguemos todos os do Fondo Libros e os da Compra Complementaria.

 

Podedes ver a listaxe definitiva  da adxudicación de libros de texto  e tamen a listaxe da adquisición complemetaria nas ligazóns seguintes:

 

listaxe definitiva da adxudicación de libros de texto.

listaxe adquisición complementaria.

 

Na primeira ligazón podedes ver o listado de libros que lle corresponde a cada alumno/a de entre aqueles que ten o centro.

Na segunda ligazón aparecen os alumnos/as aos que o centro lle ten que mercar algún libro, o número de libros que lle corresponde e cantos lle vai mercar o centro.

Bolsas para o curso 2016-17

Bolsas para o curso 2016-17

Acábase de publicar  o procedemento de bolsas e axudas para estudos postobrigatorios: Bacharelato, FP Básica, Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, Ensinos Artísticos, Ensinos Deportivos, Estudos Militares Superiores e de Grao, Grao Universitario, Máster...

Dispoñedes de toda a información necesaria para solicitar estas bolsas de axuda na seguinte ligazón: Información bolsas curso 2016-17.

Tamén podedes consultar a resolución do 11 de agosto do 2016 (publicada no BOE do 13 de agosto) pola que se convocan as bolsas de axuda aos estudos postobrigatorios: Ver resolución

CONTACTO CO CENTRO

Se desexades facer algunha consulta, que consideredes urxente, enviádenos un correo electrónico ó enderezo:

ies.agra.raices@edu.xunta.es

Boas vacacións!!

 

BANCO DE LIBROS DE TEXTO DO CENTRO PARA 1º E 3º DE ESO

Se tés libros de texto de 1º e 3º ESO en bo estado, dos que se usaron o curso pasado no noso centro, e os queres ceder ao noso banco de libros para emprestar xunto cos do fondo solidario da consellería tráeos ao centro.

Contactar con secretaría ou dirección.

GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!!

 

 

 

O IES Agra de Raíces celebra a súa "Semana Cultural"

Partindo da premisa que considera que unha educación de calidade aquela que responde ás novas demandas sociais dun xeito eficaz e proporciona non só un incremento na súa calidade de vida, senón tamén na igualdade, xustiza e oportunidade para todos, o IES Agra de Raíces quere completar a súa formación diaria na aula cunha semana cultural chea de diversas actividades. A denominada Semana Cultural será os días 18, 19 e 20 de maio durante os que se desenvolverán multitude de actividades tanto no centro como fóra. Deixámosvos aquí un resumo das actividades, o cuadrante por grupos e o cartel desta Semana cultural curso 2015-2016.

Homenaxe a Abdoulaye Fall Seck

Alumnos de 3º de ESO, amigos e compañeiros de Abdoulaye Fall Seck quixeron redirlles a súa pequena homenaxe disputando un partido de fútlbol na súa memoria para facer entrega posteriormente ao Unión Club de Fútbol de Muxía do trofeo gañado no partido. Varios destes alumnos estaban xogando con el o partido ese fatídico día e por iso quixeron disputar un partido na súa honra. Xogaron os grupos de 3º e 4º de ESO, sendo os xogadores amigos e compañeiros do rapaz muxián e espectadores os alumnos e alumnas dos grupos participantes.

Ademais do partido, os seus amigos pediron ao principio do partido un minuto de silencio na súa honra.

Equipos participantes no partido homenaxe.

Noticia no diario dixital Que pasa na costa.

Impresión 3D

Mostrámosvos algunhas pezas que imprimimos nunha das sesións do grupo de traballo de Deseño e Impresión 3D que se desenvolve no centro este curso.

Mural sala de recepción de pais e nais.

A comunidade educativa do noso centro felicita aos alumnos e alumnas de 4º de ESO da materia de Educación Plástica e Visual, que baixo a coordinación da súa profesora Ana Belén Burgos e da alumna do Máster Universitario de Formación do profesorado Lorena Castro, renovaron a sala de titorías con este presioso mural. Parabéns a todos e a todas polo traballo realizado.

Distribuir contido


by Dr. Radut