Skip to Content

Novas

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DA XUNTA

 

Informamos que xa saíu publicada a resolución provisional do fondo solidario de libros de texto da xunta  e axudas para a adquisisición de material escolar. Podeis consultar a relación de admitidos e excluídos(coa causa de exclusión) no taboleiro de anuncios do centro e nos arquivos que se achegan.

SEMANA CULTURAL RAÍCES 2018

Do 9 ao 13 de abril, tivo lugar a Semana Cultural do noso centro, onde as alumnas e alumnos, profesoras e profesores, tiveron a oportunidade de realizar varias saídas didácticas, asistir a charla e obradoiros de diferentes temáticas, así como a proxeccións de películas e documentáis. Estas foron algunhas das actividades desenvoltas:

-Saída ao Dolmen de Dombate e o Castelo de Vimianzo para 1º ESO

-Saída a E.S. Bazarra para 1º ESO

-Saída ao conxunto histórico de Moraime y os secadoiros de congro de Muxía para 2º ESO.

-Saída á Casa da Cultura de Cee á representación teatral "Leonardo e os fontaneiros" para 1º e 2º ESO.

-Saida a Celanova para visitar o Mosteiro de S. Salvador, a Capela de S. Miguel, concerto didáctico có órgano histórico do mosteiro y visita á Casa dos Poetas para 3º ESO.

-Saida ao Teatro Colón de Coruña para asistir á representación da obra "Cráneos Privilexiados" para 2º e 3º ESO.

-Diversas charlas a cargo do CIM e da Policía autonómica sobre violencia de xénero, ciberviolencia de xénero, ciberbulling para ESO e Bacharelato.

-Charla da Garda Civil (SEPRONA) sobre a prevención de incendios e coidado do entorno natural e charla sobre o lobo na comarca de Francisco José Lema  para 1º ESO.

-Charlas da empresa DAFIT para 1º ESO e 1º BACH sobre iniciativas emprendedoras.

-Charla solidaria da Asociación Egueire para toda a ESO.

-Diversas conferencias literarias a cargo de autores galegos (Antía Yáñez, Hector Cajaraville, Xosé Lóis Ripalda, Miguel Anxo Fernández) para os diferentes nivéis.

-Diversas conferencias a cargo da USC para os alumnos de 1º BACH.

-Obradoiros de actividades deportivas con DAFIT para 1º ESO.

-Obradoiros sobre ciberviolencia de xénero, obradoiro de xornalismo e obradoiros científicos do CICA para 3º ESO.

-Obradoiro de Matemáticas Divertidas para toda a ESO.

-Instalación da Exposición “Cartas de Amor” sobre violencia de xénero no corredor da Biblioteca e obradoiro sobre a mesma para toda a ESO.

-Proxeccións documental "Un desafío para todos" sobre o cambio climático en España  para toda a ESO e de películas como "Camino a la Escuela" para 1º e 2º ESO o "100 metros" para 3º ESO sobre valores e superación persoal.

-Etc.

FERMOSO MURAL PARA O AULA DE CONVIVENCIA

Neste curso, un grupo de alumnos de 4º da ESO baixo a supervisión das profesoras do Departamento de Debuxo, levaron a cabo a tarefa de decorar o aula de convivencia con este fermoso mural.  Agradecer ás profesoras Carmen Senande e Pilar Fueyo o deseño do mesmo e a súa labor, e a os alumnos o seu esforzo en conseguir este gran resultado.  Ver adxuntos.

 

AO NOSOS ALUMNOS DE 1º BACH NA NEVE EN ANDORRA

Aquí vos deixamos algunhas de imaxes dos 23 alumnos de 1º de BACH que o pasado mes de xaneiro visitaron Andorra para aprender e practicar diversos deportes de inverno, compartindo grupo cos seus compañeiros do Instituto veciño e amigo Fernando Blanco. Aproveitamos para agradecerlles o seu excelente comportamento e, especialmente, agradecer a os profesores acompañantes Raquel de la Torre e Santiago Vázquez a súa impagable labor ao frente do grupo.

O IES AGRA DE RAÍCES, NOVA SEDE PARA AS PROBAS DELF

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, resolveu autorizar a celebración das probas de nivel B1 e A2 de lingua francesa emitido polo Goberno Francés no IES Agra de Raíces de Cee.  Máis información sobre o DELF

2ºBACHARELATO: CALENDARIO ENTREGA DE NOTAS, SOLICITUDE TÍTULO BACHARELATO E MATRÍCULA NAS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)

2ºBACHARELATO

CALENDARIO ENTREGA DE NOTAS, SOLICITUDE TÍTULO BACHARELATO E MATRÍCULA NAS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)

 

ENTREGA DE NOTAS: Martes 23 de Maio ás 10:00 horas (na súa aula de referencia)

 PRAZO DE RECLAMACIÓNS: Ata as 14:00 horas 24 de Maio

SOLICITUDE TÍTULO BACHARELATO 2017. Deberán solicitar o Título os/as alumnos/as que aproben 2º de Bacharelato. Requisito indispensable para poder matricularse nas probas de acceso á Universidad

                                 DATA: 23, 24 e 25 de Maio en HORARIO de 10:00 h a 13:00 h (Na secretaría do Centro)

                                 DOCUMENTACIÓN: Fotocopia do D.N.I. e Libro de familia numerosa en vigor, se é o caso.

                                 IMPORTE A INGRESAR: Tarifa Normal: 49,82€.  

                                                           Familia Numerosa categoría xeral: 24,94€

 

 MATRÍCULA NAS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE. Alumnos que aprobaron 2º Bacharelato. Imprescindible solicitar antes o título de Bacharelato

 

           DATA: 23, 24 e 25 de Maio en HORARIO  de 10:00h a 13:00h (Na secretaría do Centro)

               DOCUMENTACIÓN: Fotocopia do D.N.I. e Libro de familia numerosa en vigor, se é o caso.

               IMPORTE A INGRESAR: Matrícula Ordinaria: 63,67€

                                             Familia Numerosa:   31,84€

                      (Encher o impreso e aboar as taxas en ABANCA ou no Banco Santander Central Hispano)

 

 

Calendarios de probas de Materias Pendentes.

A continuación podedes ver os calendarios das probas de pendentes que se celebrarán ao longo do curso.

Insistimos na importacia de superar as materias pedentes para poder desenvolver mellor a aprendizaxe do curso actual.

Distribuir contido


by Dr. Radut