Matrícula oficial 2023-24

Guía rápida de matrícula sen preinscrición curso 2023-24

Matricula oficial sen preinscición. (Prema aquí para ler a Resolución de matrícula)


Requisitos

  1. Ter DNI ou NIE en vigor
  2. Ter 14 anos feitos antes do 31/12 do ano en curso. No caso de matricularse no idioma que cursa como primeira lingua estranxeira na ESO/Bacharelato, 16.
  3. Para un curso que non sexa A1 (ou A1-A2) contar cun acceso directo. Ler aquí

Procedemento de matrícula

  • Entrar na plataforma de matrícula e reservar praza.
  • Pagar as taxas, unha vez ten adxudicada a praza. Premer aquí para ver instrucións.
  • No caso de fraccionar o pago da matrícula: certificado da conta bancaria, onde conste o IBAN (o titular ten que se o alumnado que se matricula ). Para un só idioma, o alumnado antigo paga 59€ no primeiro pago e o novo alumnado paga 81€ neste primeiro pago). 
  • No caso de alumnado con diversidade funcional e que precise condicións especiais, deberase adxuntar a documentación acreditativa á plataforma Centros.net. Cubrir esta solicitude e adxuntala xunto co resto da documentación de matrícula. Aínda que se solicitase en cursos anteriores é imprescindible volver adxuntar a solicitude.
  • Marcar como lido o documento con información importante (pódese ler aquí)
  • No caso de alumnado menor de idade, cubrir este documento e subilo a aplicación de matrícula.
  • Toda a documentación ten que achegarse mediante a aplicación.
Se hai algunha dúbida, atenderemos preferiblemente por correo electrónico en eoi.corunha.matricula@edu.xunta.gal ou teléfono 608157057 (de 9:00 a 14:00h). Tamén podemos resolver dúbidas académicas no correo eoi.corunha@edu.xunta.gal