Taxas alumnado oficial

Taxas na modalidade oficial:

ALUMNADO ANTIGO (1)    
Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas
Alumnado ordinario  105 197  289
Familia numerosa xeral  52,50  98,50  144,50
Familia numerosa especial  0  0  0
Minusvalías, outros...  0  0  0
Bolseiros ou solicitantes de bolsa 0 0 0
Funcionarios docentes  13  13  13
ALUMNADO NOVO (2)    
Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas
Alumnado ordinario  127  219  311
Familia numerosa xeral  63,50  109,50  155,50
Familia numerosa especial  0  0  0
Minusvalías, outros...  0  0  0
Bolseiros ou solicitantes de bolsa 0 0 0
Funcionarios docentes 35 35 35

 

Taxas nos cursos de destrezas:

ALUMNADO ANTIGO (1)
    DESGLOSE
  A Pagar Docencia Servizos xerais Apertura expediente
Cursos de 60h 103 90 13 0
Cursos de 120h 193 180 13 0
 ALUMNADO NOVO (2)
  A pagar Docencia Servizos xerais Apertura expediente
 Cursos de 60h 125 90 13 22
 Cursos de 120h 215 180 13 22

 

(1) Por alumnado antigo enténdese o alumnado que xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia.

(2) Por alumnado novo enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia.


Este é o desglose de conceptos das tasas da matrícula oficial:

  • Apertura de expediente: 22€ (só alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia).
  • Servizos Xerais: 13€
  • Matrícula por cada idioma en réxime oficial: 92€.

Exencións e descontos:

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
  • Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
  • Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matrícula, unicamente nas materias de nova matriculación
  • As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
  • As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%
  • As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%

Importante: En todos os casos debera adxuntar a documentación na plataforma de centros.net


Pago aprazado:

A modalidade oficial permite fraccionar e aprazar as contías referidas exclusivamente ao concepto de matrícula: o 50% no momento da matrícula e o resto antes do 29 de xaneiro (antes do 28 de novembro no caso dos cursos intensivos cuadrimestrais). O segundo pago vai domiciliado a súa conta bancaria.


Procedemento de pago:

Pódese facer de dous xeitos: É imprescindible o envío do resgardo deste pago a través da plataforma de centros.net

  1. Recolla o impreso de taxas na conserxaría do centro, cúbrao e pague no banco 
  2. Pódese xerar ese impreso seguindo os pasos deste tutorial. Clic aquí
  3. Titorial para o pago de taxas para cursos do segundo cuadrimestre. Clic aquí

 As taxas das EOIs de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG do 17-06)