Skip to Content

TIC

BENVIDA O NOVO CURSO 2020/2021

BENVIDOS O CURSO 2020/2021

 

SOLVENTANDO DÚBIDAS

Boa tarde familias:

Ao longo do día de hoxe temos recibido alguns correos nos que nos expresades a problemática para poder ver os LIMS do cole. Estes LIMS están pensados para ser feitos con ordenador, e ata agora non sabiamos como facer para que os puiderades ver nas tablets. Despois de moito investigar, aquí temos unha resposta que pensamos que vos pode valer para a TABLET E O TELÉFONO.

Tendes que descargar o navegador  PUFFIN WEB BROWSER no Play Store. (se pinchades no enlace xa vos leva alí directamente)  Este navegador ven preparado con tecnoloxía "flash" que é a que precisamos para poder ver os LIMS.

1. Descargar Puffin Web Browser 

2. Abrir o navegador  descargado e teclear a dirección da nosa páxina web

3. Abrir un lim e observar que na esquina superior dereita aparecen tres puntos en vertical. Se clicamos alí temos que buscar FLAS THEATER e clicar nese modo para que podamos desplzar as letras.

4. Empezar a xogar!!

ESPERAMOS TERVOS SERVIDO DE AXUDA. ANTE CALQUERA DÚBIDA ESTAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN

Unha aperta

recursos de lectura

Bo día:

O equipo de mestras de 5 anos queremos achegarvos unha serie de recursos e actividades para axudarvos no proceso de lectura coas vosas crianzas.

No seguinte webmix atoparedes actividades moi amenas que vos poden axudar a levar a cabo esta labor dun xeito divertido. Nas actividades aparecen todo tipo de grafías de letras. É importante que ao facer as actividades lembredes que os nen@s teñen traballado a maiúscula e a minúscula ligada e que á hora de empregar este recurso é importante que o fagades nestas dúas tipoloxías.

Os verdes son vídeos e na información debaixo do vídeo atoparedes ligazóns para descargar planillas.  Os laranxas son LIMS feitos no noso centro para traballar o palmeo de sílabas, as vogais, as sílabas...

Calquera dúbida, podedes escribirnos ao correo do nivel e cada titorá respostará persoalmente as vosas mensaxes.

Unha aperta

 

Novas actividades

Boas tardes familias:

Seguimos traballando sempre pensando no mellor para os nosos pequenos. Desta vez imos xogar un pouco coas emocións, e que mellor xeito de facelo que xogando a poñerlle o nome a os nosos compañeiros e compañeiras de clase?

No blog de TICS tendes colgados uns lims onde atoparedes as diferentes aulas co nome das titoras.

Vai ser moi divertido!!

Recursos Dixitais

Recursos dixitais para traballar a primaver a nivel de lectoescritura e lóxica matemática

Distribuir contido


by Dr. Radut