Xa están aquí os mestres máis rebuldeiros do noso cole cun novo crespirreto lingüístico... Non paran. Desta vez non se lles vai trabar a lingua, pero veremos a ver se son quen de averiguar a solución a estas adiviñas... Desta vez queren que os retedes enviándolles un vídeo coa vosa adiviña... poñédello difícil que seguro que o saben. Estamos desexando ver as vosas propostas... Explorade, observade, inventade... para ser auténticos superheroes da lingua. ESPERAMOS AS VOSAS ACHEGAS!
E lembrade que estas actividades SON ABERTAS A TODO O ALUMNADO! para o noso taller de estimulación da linguaxe.