Skip to Content

Biblioteca

NOVAS DE BIBLIOTECA!

O día 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía e esa semana xogamos e traballamos coas súas poesías.

 

O 8 de Marzo celebramos o Día da Muller Traballadora. Aprendemos moitas cousas sobre mulleres importantes ó longo da historia, e gustáronnos moito os contos da colección ''Pequeña y Grande'' (Editorial Alba).

 

 

En Marzo tamén celebramos a Semana da Poesía, e ademáis do noso recital de retaílas, coñecemos aos autores Mar Venegas e Antonio Rubio.

Encantáronnos as súas rimas e o decálogo da poesía de Mar! 

 

 

Britta Teckentrup

A autora Britta Teckentrup gustounos tanto que seguimos ollando máis libros dela.

Aquí vos deixamos unha recompilación dos nosos favoritos! 

Día da Paz

Polo 31 de Xaneiro, día da Paz, traballamos a partir dos contos de Britta Teckentrup: fixemos a nosa propia árbore da amizade e pensamos a nosa palabra relacionada coa paz.


Tamén ollamos un montón de libros que traballan os valores da solidariedade, empatía, amizade, amor,...

Como cambian as historias!

Aquí tedes diversos contos para comprobar que o lobo non é sempre o malo… animámosvos a descubrilos!

Contos

Aquí tedes unha recomendación de contos coa temática de irmáns por se son do voso interese.

Agardamos que vos gusten! 

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO CEP CAMPOLONGO

O pasado mércores inaugurouse a Biblioteca do CEP Campolongo, e para celebralo, o alumnado de 5 anos foi convidado a participar nunha sesión de conta contos, nos que participaron tamén os compañeiros e compañeiras de primeiro de Educación Primaria.

Co motivo da celebración de Samaín, os contos estaban relacionados con esta temática.

Pasámolo xenial compartindo os nosos medos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut