Skip to Content

Normalización

BENVIDOS

Bo día amiguiños e amiguiñas. Son SEISOLLOS a mascota do EDLG. Vivo na bilioteca do noso cole e encántame estar con vós e aprender novas cousas

Ao longo deste curso iredes descubrindo máis cousas sobre min... o que me gusta, os meus amigos, as miñas caixas das verbas...

Co voso préstamo da biblioteca podedes facer algunha actividade tipo vídeo EN GALEGO e mandarmo ao meu correo electrónico:

seisollosengalego@gmail.com 

e eu encargareime de publicalo.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

Vémonos!

SEISOLLOS RECOMENDA POLO DÍA DA PAZ

O NOSO SEISOLLOS É UN SER DE MOITA PAZ E BUSCANDO NA NOSA BIBLIOTECA, QUEDOU PRENDADO DOS VALORES DE AMIZADE QUE TRANSMITE O CONTO DE

"O SOÑO DO OSIÑO ROSA"

AÍNDA NON O TEDES LIDO? A QUÉ AGARDADES?... VAI SER TODA UNHA LECCIÓN DE AMIZADE E COMPAÑERISMO.

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ de Ester

SEISOLLOS RECOMENDA POR NADAL

CHEGA O NADAL E O NOSO SEISOLLOS QUERE COMPARTIR CON NÓS UN CONTO MOI ESPECIAL DUN AUTOR QUE NOS ENCANTA: LEO LIONNI. ESPERAMOS QUE O DISFRUTEDES

 

Diseño de Ester

A LENDA DOS COSCOBELLOS

Bo día amiguiños e amiguiñas... achégase o Samaín, unha das miñas festas preferidas. E co gallo desta festa lembrei unha vella lenda que contaban nun pobo galego de Lugo: "a lenda dos coscobellos". Se queredes saber algo máis sobre esta lenda e onde atopar a estes maravillosos seres botádelle unha ollada ao seguinte xogo. SORTE NA VOSA PROCURA!

CANTA NO OUTONO

 DESCUBRE ESTA FERMOSA CANCIÓN DO OUTONO:

PICA NA IMAXE

 

OUTONO CON SEISOLLOS

BRRRR! Semella que xa chegou o outono. 

Nada mellor para combatir os arrefríos e as catarreiras que unha boa sopa!

O conto "A MELLOR SOPA DO MUNDO" danos unha pista dos ingredientes que precisamos... animádevos a ler este conto

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O pasado 25 de novembro, co gallo do DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, os peques de 5 anos recibiron a visita da SUBDELEGADA DO GOBERNO EN PONTEVEDRA dona M. CARMEN LARRIBA, que agasallou aos nenos e nenas cun conto e faloulles da importancia de loitar contra todo tipo de violencia, pero especialmente, neste día, lembrou a importancia de loitar por eliminar a violencia contra as mulleres.

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA SÚA VISITA E OS AGASALLOS; AGARDAMOS VELA PRONTO POLO NOSO CENTRO.

 

                             

Distribuir contido


by Dr. Radut