Skip to Content

APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

ATENCIÓN FAMILIAS:

O equipo docente deste centro empraga a aplicación da Xunta de Galicia "ABALAR MÓBIL" para comunicarse coas familias, polo qe é preciso que nestes primeiros dias do curso todas as familias a teñan descargada.

Descargar a aplicación, crear usuario e contrasinal. Tamén pedirá o teu número de teléfono que debe estar actualizado na secretaría do Centro, senon, non accederás aos datos do teu fillo/a.

Cando apareza "abalarMóbil quere enviarlle notificacións" debe premer en PERMITIR.

 A través desta aplicación poderás ver as cualificaións do teu fillo-filla, xustificar as faltas de asistencia ou puntualidade, recibir ou enviar notificacións ao colexio, pedir titorías, etc.

Poden descargala os responsables do alumno/a sempre e cando os números de teléfono consten na secretaría do Centro.

Para máis información, podedes consultar a o seguinte enlace: 

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/es/abalarmobil/guia-para-las-familias-abalarmobil

LISTAXES DE 3 ANOS POR GRUPOS E TITORAS

Publicación das listaxes de alumnado de 4º de educación infantil por grupos e titoras.

Atoparedes toda a información no arquivo adxunto.

FELIZ INICIO DE CURSO

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-25 DO 20 AO 30 DE XUÑO EN HORARIO DE SECRETARÍA DE 9:15 a 10:00 DE LUNS A VENRES.

 

Segundo o artigo 41 da Orde do 21 de outubro de 2022, deberán formalizar a súa matrícula no centro de forma presencial dende o 20 ao 30 de xuño

Se unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído no seu dereito á praza obtida.

 

Documentos a presentar

 

-Modelo de solicitude oficial debidamente cuberta e asinada (Anexo III-1). 

-Fotocopia da tarxeta da Seguridades Social ou seguro médico. 

-Ficha titoría (facilitada pola escola) debidamente cuberta. 

-4 fotografías tamaño carné co nome do alumno/a por detrás. 

 

 

Lembrade que os pais e nais dos nenos e nenas admitidos en 4º de Educación Infantil, quedan convocados o martes 25 de xuño a unha reunión informativa, ás 19:00 horas. Deberán acudir sen os seus fillos, preferiblemente unha soa persoa por familia debido a falta de espazos nas instalacións.  

 

Nos seguintes pdf (clicar en “2 adxuntos”) están dispoñibles o modelo de solicitude oficial (Anexo III-1) e a ficha de titoría. 

 

 

*O alumnado con permanencia para 5º e 6º de Educación Infantil non ten que realizar ningún trámite de matrícula.

Hematocrítico

No mes de Maio tamén coñecemos a Miguel Ángel López, coñecido popularmente como o Hematocrítico.
Ademais dun gran mestre, foi un excelente escritor e comunicador.

Gustáronnos tanto as súas obras que ata fixemos uns murais colaborativos por niveis partindo dalgúns dos seus contos máis famosos. 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut