Skip to Content

Biblioteca

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO CEP CAMPOLONGO

O pasado mércores inaugurouse a Biblioteca do CEP Campolongo, e para celebralo, o alumnado de 5 anos foi convidado a participar nunha sesión de conta contos, nos que participaron tamén os compañeiros e compañeiras de primeiro de Educación Primaria.

Co motivo da celebración de Samaín, os contos estaban relacionados con esta temática.

Pasámolo xenial compartindo os nosos medos!

 

Proxecto sobre o aire

Neste último trimestre, a temática a tratar é o aire.

Desde investigar que é, as suas propiedades ata chegar a gran importancia que ten para a vida.

Estamos facendo experimentos para ver como se comporta este con diferentes materiais e xogando con molillos de vento, pomperos, paracaídas, teas...

Por outro lado, e gracias as aportacións da biblioteca de centro estamos ollando, lendo e adentrándonos en cousas como avións, paxaros, instrumentos de vento e todo aquilo que se relacione co tema.

 

  

Tratamos a PAZ

De cara ao próximo 30 de xaneiro, a nosa biblio énchese de contos que axudan a educar na PAZ. 

 

O NADAL ESTÁ A CHEGAR!

Seguro que algunha vez te fixeches preguntas sobre Papá Noel como: 

Onde vive? Como sabe o que queres? Como fai para fabricar e repartir todos os agasallos? Como sabe que agasallos queres para Nadal? Como sabe se fuches bo? De onde veñen todos os xoguetes? A que hora ven? Que pasa se te espertas a noite de Nadal? Que é o que fai despois de Nadal? 

Hai miles de preguntas que podes facerte sobre Papá Noel; e este libro ten o propósito de explicarche todo o que hai que saber sobre el. 

Manteñamos viva a ilusión!  BO NADAL!

 

Dúas boas opcións para o Samaín

Moi boas, familias!

Abrimos o blogue da biblioteca deste curso 21/22, presentándovos dous libros CD que ben poderían pasar a formar parte da colección que teñades nas vosas casas.

Trátase de:

 

- "Monstros, con ou sen consentimento". Chuches Amil. Manel Cráneo.

Con cancións sobre moitos monstros, lobos, outras referidas a épocas do ano... para non parar de bailar! 

 

- "A casa do terror". Xoán Curiel e A Bando do Verán. Iria Fafián.

Premio Martín Códax da música 2019.

Unha aventura na cal un grupo de amigos se ve obrigado a durmir nunha casa encantada, onde vive aventuras divertidas e terrroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos medos.

 

Esperamos que vos gusten!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut