Skip to Content

SOLVENTANDO DÚBIDAS

Boa tarde familias:

Ao longo do día de hoxe temos recibido alguns correos nos que nos expresades a problemática para poder ver os LIMS do cole. Estes LIMS están pensados para ser feitos con ordenador, e ata agora non sabiamos como facer para que os puiderades ver nas tablets. Despois de moito investigar, aquí temos unha resposta que pensamos que vos pode valer para a TABLET E O TELÉFONO.

Tendes que descargar o navegador  PUFFIN WEB BROWSER no Play Store. (se pinchades no enlace xa vos leva alí directamente)  Este navegador ven preparado con tecnoloxía "flash" que é a que precisamos para poder ver os LIMS.

1. Descargar Puffin Web Browser 

2. Abrir o navegador  descargado e teclear a dirección da nosa páxina web

3. Abrir un lim e observar que na esquina superior dereita aparecen tres puntos en vertical. Se clicamos alí temos que buscar FLAS THEATER e clicar nese modo para que podamos desplzar as letras.

4. Empezar a xogar!!

ESPERAMOS TERVOS SERVIDO DE AXUDA. ANTE CALQUERA DÚBIDA ESTAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN

Unha aperta



blog | by Dr. Radut