Skip to Content

Os nosos Blogues

ESTIMADAS FAMILIAS:

O EQUIPO EDUCATIVO DO NOSO CENTRO QUEREMOS AGRADECERVOS A VOSA LABOR NESTES MOMENTOS E PARA PODER AXUDARVOS TEMOS CREADO UN NOVO BLOQUE NA NOSA PÁXINA, NA PARTE DEREITA QUE SE CHAMA BLOG DE MESTRAS, ALÍ COLGAREMOS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA PODER REALIZAR DURANTE ESTES DÍAS, SÓ TEDES QUE PINCHAR NO BLOG QUE CORRESPONDE COA IDADE DO VOSO FILLO/A E ALÍ PICAR NA FOTO E DESPREGARASE UN DOCUMENTO.

TAMÉN VOS RECOMENDAMOS QUE LLE VOTEDES UN VISTAZO AOS BLOGS DO CENTRO, ONDE PODEDES ATOPAR DIVERSOS RECURSOS EDUCATIVOS  COMO LIMS, VIDEOS, CANCIÓNS, ENLACES E CONTOS ... PARA FACER MÁIS AGRADABLE ESTE MOMENTO.

MOITÍSIMAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN. 

                                   UNHA APERTA MOI GRANDE DE PARTE DE TODO O EQUIPO.

Ampliación do prazo de presentación das solicitudes de admisión

O PRAZO DE PRESENTACIÓN TELEMÁTICA E PRESENCIAL DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN FINALIZARÁ UNHA SEMANA DESPOIS DO REINICIO DAS CLASES.

Tendo en conta o artigo 7 do Real decreto 463/2020 non atenderemos a ninguén persoalmente ata que non remate o Estado de alarma.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2020-3692

Medidas a adoptar en relación coa pandemia do Covid-19

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

 

NOTA INFORMATIVA

 

AO LONGO DE ESTA SEMANA O EQUIPO DOCENTE COLGARA PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTE TEMPO SEN ACTIVIDADE DOCENTE.

NO BLOG DE TICS XA TEDES VARIOS XOGOS QUE REALIZAR.

 

RESERVA DE PRAZA NO CEP CAMPOLONGO

Do do 1 ao 17 de febreiro de 2020, ambos incluídos, está aberto o prazo para que o alumnado de 6º reserve praza no CEP Campolongo ao que estamos adscritos .

As familias do alumnado de 6º que desexe cursar 1º de Primaria no CEP Campolongo  teñen 3 opcións para facer a reserva:

1)Presentar a solicitude en papel cuberta  (que se axunta), na secretaría do centro.

2) Aquelas familias que decidan cubrir a solicitude de reserva na aplicación admisión alumnado, deberán imprimir a solicitude unha vez validada e entregala na secretaría do noso centro.

3)Presentar na Sede electrónica da Xunta de Galicia,  a solicitude de reserva.

 

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

 

 

 

No caso de que un alumno/a con reserva no CEP Campolongo decida presentar solicitude de admisión noutro Centro , deberá renunciar por escrito á praza que ten reservada (antes do 1 de marzo).

Distribuir contido


by Dr. Radut