Estas son as actividades que fixemos co gallo do DÍA DO LIBRO.
A xoaniña Rosalía agasallará a tódolos nenos e nenas do Cra cun libro.
Ademais dentro no soso proxecto do cine e en coordinación co EDLG realizamos diversas actividades como:
PASEOS LITERARIOS DA FAMA: compostos por unha selección de contos que colocamos nos exteriores das escolas para que tanto o alumnado dentro do horario como as familias fóra do horario lectivo poidan descargar o código QR e acceder o contido visual dos contos. Esta resultou ser unha actividade motivante e atractiva tanto para o alumnado como para as familias- Deixamos un resumo en fotos.
paseos literarios da fama escolas de Vanesa Carballo Leal
COÑECEMOS A MARY POPPINS: traballamos sobre un musical de Mary Poppins e fixemos unhas maletas con material de refugallo decoradas cunha frase que traducimos ao galego e nas que levaron o libro de agasallo.
Diseño de Vanesa Carballo Leal
Na escola de San Paio fixemos un MUSICAL sobre o vídeo de Mary Poppins que grabamos na biblioteca. Foi super divertido!
Tivemos apadriñamentos lectores e tamen lecturas coas familias baixo lema AS FAMILIAS CONTAN.
As familias contan de Vanesa Carballo Leal
Adxunto | Tamaño |
---|---|
contos paseos literarios da fama.pdf | 5.01 MB |