Skip to Content

Avisos e novas

Últimas novas

INFORMACIÓN AVALIACIÓN ALUMNADO

Atendendo ás instrucións facilitadas pola Consellería, debemos avaliar o segundo trimestre coa información dispoñible ata o día 13 de marzo, día no que se interromperon as clases presenciais.

Lembrámoslles que a avaliación ten carácter continuo e, aínda que durante o período de suspensión se mantiveron as actividades educativas a través das modalidades a distancia e “on line”, estas non son avaliables para a determinación das cualificacións desta segunda avaliación.

Así mesmo, comunicámoslles que o venres 3 de abril publicaranse ditas cualificacións ao longo da mañá. Para poder acceder ao boletín, é necesario dispor do servizo abalarMóbil (aplicación que conta coa información académica do alumnado). 

Recomendamos que os pais/nais/titores legais instalen nos seus teléfonos móbiles a aplicación Abalar Móbil para recibir as cualificacións e mensaxes do centro. Pode instalarse aquí.

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA CORONAVIRUS: COVID-19

 

1. A que persoas vai dirixido?

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.

2. En que consiste a axuda?

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

3. Que axuda se vai a percibir?

2,50 € por día lectivo, no casos de alumnado gratuidade total

1,50 € por día lectivo para o alumnado que paga 1€

4. Que días cubre esta axuda?

Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.

Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.

Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio(non incluído por ser festivo)

5. Como se vai a pagar?

En dous pagamentos:

1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

2 pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

6. Quen son os beneficiarios?

 Familias que cumpren os requisitos económicos (punto 1) cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación.

7. Como presentar a solicitude e qué prazo hai?

 Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

 Presentación: Forma electrónica ou a través da dirección do centro:

 1.  Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

2. Dirección do centro: enviando un correo electrónico a cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.gal cos seguintes datos:

     DNI do pai ou nai:

     Pagamento: gratuidade total / abono de 1€

     Nome do alumno/a:

     Nome do pai/nai:

     Número de cuenta bancaria:

 De non ter a posibilidade de enviar un correo electrónico poderedes chamar ao centro (TLF: 981 777 606) o día 2 de abril en horario de 10:00 a 14:00, facilitando os datos anteriores.

AVISO: Debido aos problemas que tivemos hoxe (2/4/20) ca liña de teléfono, prorrógase o prazo da atención telefónica ao venres 3/4/20 en horario de 10:00 a 14:00.

Como será a volta?

https://view.genial.ly/5e79dbb817b0f90dfb8b0a50/learning-experience-challenges-como-sera-a-volta

 

IDEAS E SUXERENCIAS PARA ESTES DÍAS #YoMeQuedoEnCasa

Para ninguén vai a ser doado estar na casa sen saír o tempo que duren as medidas adoptadas polo Goberno de España para previr o contaxio do COVID-19.
O Departamento de Orientación do CPI Virxe da Cela quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade ante esta situación excepcional a aportar algunhas ideas e suxerencias.

 

IDEAS E SUXERENCIAS PARA ESTES DÍAS #YoMeQuedoEnCasa, descargar arquivo Word

Cultura para tempos de coronavirus

No blog da nosa biblioteca deixamos unha serie de enlaces a iniciativas que foron xurdindo nestes días de confinamento e tamén a outros que sempre estiveron ahí e que agora pode que teñamos máis tempo para coñecelos:

TRABALLO PARA O ALUMNADO DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

 A información irase actualizando diariamente. Premer na etapa educativa para ter acceso á información que foron deixando os profesores:

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

ESO

MEDIDAS FRONTE Á SUSPENSIÓN DAS CLASES POLO COVID-19

TRABALLO PARA O ALUMNADO DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES:

Seguindo as pautas da Consellería, nestes próximos 14 días o alumnado contará con actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que as poida realizar no seu domicilio, e das que se fará seguimento. Ditas actividades estarán a disposición do alumnado a través das titorías e departamentos.

Teredes cumprida información nesta páxina web  a partires do luns 16 de marzo.

CAMPIONATO ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS XOGADE-PLAN PROXECTA PINAR DE CABANAS 14 FEBRERO 2020

 

 

O Venres 14  de Febreiro, pola mañá, acompañados polos profesores de Bioloxía: David Casado e de Educación Física Secundaria e Primaria: Mª Teresa Blanco e Ruth Mateos, os nosos alumnos de Primaria e Secundaria, competiron no Campionato escolar de campo a través de Xogade no Pinar de Cabanas, dentro da fase comarcal,contra outros CPI e Institutos da Comarca ( Miño, Neda,etc). Participamos dende a categoría benxamín ata a cadete, tanto como feminina e masculina.
O noso alumnado ( todos, sen excepción) puxo todo o seu esforzo e rendemento dentro das posibilidades de cada un. Sinalar os bos  resultados de algún dos/as nosas  deportistas, xa que pasaron a fase provincial  que será en Carballo o 6 de Marzo.
É destacable a participación e entrega de todo o alumnado, como vedes no listado de clasificacións, pero especialmente, polos seus bos resultados:
2º Posto Individual en Cadete feminino: Ariadna Díaz de 3º ESO
4º Posto Individual en Cadete feminino: Marta Fernández de 3º de ESO
Clasificándose ademais o equipo de cadete feminino ( Ariadna, Marta, Nerea Fernández, Andrea Rivera,Antía López e unha compoñente máis por determinar)
7º Posto Individual Infantil Feminino: Alicia  Lucía Romero
8º Posto Individual Infantil Feminino: Uxía Boado Porto.
2º Posto  Individual Infantil masculino: Manuel Freire Platas
4º Posto  Individual Alevín masculino: Manuel Tojeiro  Espiñeira.
2º Posto Individual Benjamín feminino: Claudia Caruncho Souto.
Foi unha xornada moi positiva e lúdica ademais de deportiva, onde pasámolo ben e obtivemos bos resultados.
PARABÉNS A TODOS OS NOSOS ALUMNOS/AS, CAMPEÓNS!!!!!
 

 

EQUIPOS CLASIFICADOS PROVINCIAL CENTROS ESCOLARES

 

CADETE MASCULINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

IES BREAMO PONTEDEUME

 


 

 

 

 

 

 

 

CPI CASTRO BAXOI DE MIÑO

 

 

CADETE FEMENINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

IES BREAMO PONTEDEUME

 

MEDIAVILLA CUBILLO

ITZIAR

 

ITZIAR-- CPI CASTRO BAXOI

 

 

 

CPI PLURILINGUE VIRXE DA CELA MONFERO

 

GARCIA SANMARTIN

CLARA—CPI CASTROBAXOI

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INFANTIL  FEMENINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

CPI. CASTRO BAXOI

VAQUEZ CAMPILLO

ALBA DE LUCIA

Oza

FIAÑO GANDARAS

DAPHNE

Cesuras

PRADO DIAZ

ANXELA

Teixeiro

BERMUDEZ PRIETO

NEREA

Oza

SANCHEZ SEOANE

MARIA EUGENIA

Teixeiro

GARCIA VIDAL

LUCIA

Présaras

 

CEIP NICOLAS DEL RIO CEDEIRA

 

GOMEZ RODRIGUEZ

LAURA-- CEIP O FEAL

 

 

CANEIRO ALBES

BERTA-- CEIP O FEAL

LUCIA ROMERO

ALICIA-- CPI VIRXE DA CELA

BOADO PORTO

UXIA-- CPI VIRXE DA CELA

 

 

 

FERNANDEZ REY

AISHA—CEIP VIRXE DO MAR

 

 

INFANTIL  MASCULINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

CPI. CASTRO BAXOI MIÑO

SEOANE ABAD

TEO

Teixeiro

FONTENLA PEREZ

JULIAN

Oza

NOUCHE BOADO

JOSE ANGEL

Présaras

CARTON MORILLA

XABIER

Présaras

CASANOVA ARCAY

RAUL

Oza

ABAD FREIRE

IVAN

Teixeiro

 

CPI ATIOS DE VALDOVIÑO

 

FREIRE PLATAS

MANUEL-- CPI VIRXE DA CELA

 

 

 

SIJIDO PARRA

CRISTIAN --- CPI O FEAL

FONTICOBA REY

ALEJANDRO--- CPI O FEAL

 

 

 

ALEVIN  FEMENINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

CEIP PONTE DE XUVIA

FONTELA CANCELO

SOFIA

Oza

ROCA SANTOS

NOELIA

Teixeiro

CRESPO LAVIN

ALEJANDRA

Oza

BRA SANCHEZ

NEREA

Cesuras

SANCHEZ GARCIA

IRIA MARIA

Oza

SANTOS PORTA

NOA

Cesuras

 

CEIP NICOLAS DEL RIO CEDEIRA

DIAZ CORRAL

GABRIEL MARCIAL

CPI Atios

 

 

FIGUEIRA LOPEZ

UNAI

CEIP Manuel Fraga Iribarne

 

 

 

ALEVIN  MASCULINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

COLEGIO AYALA

CAAMAÑO ARES

ALEJANDRO

Teixeiro

GOMEZ SANCHEZ

LUCAS

Oza

RODRIGUEZ AMENEDO

MARCOS

Oza

GOMEZ GARRIDO

ANXO

Cesuras

MUÑOZREJA PRIETO

HUGO

Oza

ROCA RODRIGUEZ

DANIEL

Teixeiro

SANCHEZ VILLAMOR

YAGO

Présaras

 

CEIP NICOLAS DEL RIO CEDEIRA

 

 

FIGUEIRA LOPEZ

UNAI

CEIP Manuel Fraga Iribarne

 

 

LOPEZ DOCE

HUGO

CPI Atios

 

BENJAMIN  FEMENINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

CEIP VIRXE DO MAR

CARUNCHO SOUTO CLAUDIA    CPI VIRXE DA CELA

 

 

CEIP NICOLAS DEL RIO CEDEIRA

 

 

FONTELA CANCELO

DANIELA

Oza

GOMEZ ARES

MARTINA

Teixeiro

PRESA FONTAN

CANDELA

Oza

BLANCO LAMAS

NOA

Présaras

GARCIA SANTAMARIA

SABELA

Cesuras

TABLADA MOURELO

LAURA

Cesuras

 

 

ALVELO ALVAREZ

EVA

CEIP Manuel Fraga Iribarne

PITA TOJEIRO

SARA

CEIP Manuel Fraga Iribarne

 

 

 

BENJAMIN  MASCULINO

EQUIPOS CLASIFICADOS

INDIVIDUALES

CEIP O FEAL

 

ROUCO ROMERO

ESTEBAN -CEIP VIRXE DO MAR

IGBINOSUN AMENEDO

HAPPY MICHAEL- CEIP O RAMO

TOJEIRO ESPIÑEIRA

MANUEL- CPI VIRXE DA CELA

 

CEIP NICOLAS DEL RIO CEDEIRA

LOPEZ MARCOTE

AARON

CEIP Oza

EL KADERI OURHNI

IMRANE

CEIP Teixeiro

AGUILAR MERA

RICHARD

CEIP Teixeiro

HERNANDEZ GARCIA

BRUNO

CEIP Cesuras

GARCIA MIRANDA

ANTONIO

CEIP Cesuras

UÑA LOPEZ

LUCAS

 

LUCAS

LUCAS

 

CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE

LUCAS

 

 

A CHANDELEUR: DÍA DO CREPE EN FRANCIA

 

 
O día 3 de Febreiro do 2020, o Departamento de Francés a través da profesora da materia Laura (e as súas aprendices de repostería Lucía e Clara) , celebrou no centro “O día do Crepefacendo de “Master Chef” e agasallaunos durante a mañá con deliciosos crepes feitos  “in situ” (en vivo e en directo)  por ela, con ingredientes 100% naturais, e recheos de plátano e chocolate, promocionando ademais hábitos saudables de alimentación e facéndonos máis agradable e doce a xornada ademais de darnos a coñecer aspectos da cultura francesa.
 

EXCURSIÓN A ANDORRA

 25-30 XANEIRO 2020
O noso alumnado da ESO, xunto cos profesores Manuel ( Tecnoloxía Secundaría ) e Ruth ( Educación Física Primaria), viaxaron o sábado 25 de xaneiro ata Andorra , á estación de esquí Grandvalira en Soldeu, que é a estación máis grande dos Pirineos e do sur de Europa, situada o este de Andorra, con 210 km formados por 138 pistas, para pasar unha estupenda semana esquiando. Durante a súa estadía, ademais de pasar os días esquiando, rodeados dunha paixaxe espectacular no Principado de Andorra, tamén disfrutaron dun día de relaxación no “Balneario de Caldea”. Sen dúbida, foi unha experiencia inolvidable, para repetir en próximos anos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut