Skip to Content

Educación Infantil

Resposta dos nenos e nenas de 5 anos aos Pigmeos

 

Bo día familias!

Aquí estamos os nenos e nenas de 5 anos coa resposta sobre cal é a tribu de Bumba :)

 

O primeiro que fixemos tras ver o vídeo  dos nenos e nenas de 3 anos foi situar nun mapa onde estaba África, atopamos en África a tribu dos Pigmeos e a tribu dos Masáis… polo que nos puxemos a investigar sobre estas dúas!! Vimos que tiñan cousiñas en común e outras ben distintas aínda que están moi cerca!!

 

Situamos aos Pigmeos no Congo e aos Masáis en Kenia e Tanzania… e así quedou o noso mapa mundi!!

 

 

 

 

Aproveitamos para ver o que son os continentes, cantos hai, os océanos… aprendimos moitas cousas.

 

 

Tras isto comezamos a investigar que comen os Masáis e que comen os Pigmeos…

Os Masáis non cazaban, criaban vacas e bebían o leite e o sangue… PUAJ! Que raros estes Masáis!! 

Tamén comían moita froita, IGUAL QUE OS PIGMEOS!!

Pero os Pigmeos ademais CAZABAN porcos, elefantes, monos…

Aquí deixamos os debuxos dos alimentos que tomaban

 

 

 

 

 

Continuamos vendo onde viven, os Masáis facían chozas de adobe e tellados de palla, e os Pigmeos facían chozas moi parecidas pero con follas, chámanse Mongolus como nos dixeron os compañeiros/as de 3 anos, polo que intentamos construir as nosas cun pouco de plasti… QUE DIFÍCIL!

 

 

 

 

Por último fixámonos na súa vestimenta… os Masáis tápanse con túnicas de cores todo o corpo e os Pigmeos están casi espidos, solo poñen unha especie de faldóns ou taparrabos, pero o que máis nos gustou foron os collares das tribus africanas, CANTO MÁIS COLLARES TIÑAN MÁIS RICOS ERAN!!!

Así que fixemos con cartolina a nosa propia versión dos collares xa que Valeria trouxo da casa un collar dos Masáis moi chulo e encantóunos a todos/as!

TODOS E TODAS FIXEMOS O NOSO COLLAR :)

 

 

 

 

Xuntamos todos os datos que tiñamos de Bumba e da súa tribu, comparámola cos Masáis que tamén vivían en África e parécenos que se Bumba vive no Congo, en Mongolus, caza animais e casi vai espido… A SÚA TRIBU É A DOS:

 

 

 

Que divertido foi este reto!!! aprendemos moitísimo!!

 

Estamos desexando resolver o reto dos nenos e nenas de 4 anos... QUE TRIBU SERÁ??

 

Ata a próxima!

Día escolar da paz e a non violencia 2021

 

O día 30 de Xaneiro conmemórase o Día da paz e a non violencia e no CPI Virxe da Cela realizamos diferentes actividades para traballalo.

 

Aquí tedes o vídeo:

 

 

 
QUE VIVA A PAZ!

 

 

UNHA TRIBU DO AMAZONAS

 

Boas familias, 
Xa estamos por aquí unha semana máis!!!
Nesta ocasión tócalles aos nenos e nenas de 4 anos presentar a súa tribu e farano a través do concurso de PASAPALABRA. 
Como xa sabedes, consiste en adiviñar palabras que comezan polas letras do abecedario.
E esas palabras daránnos as pistas necesarias para dar coa tribu.
 
Animádevos a xogar e a ver si adiviñades de qué tribu estamos a falar...

 
Moi fácil non?
 
Ademáis estivemos investigando e descubrimos de qué tribu falaban os nenos e nenas de 3 anos, gustounos moito este reto!!!velaquí o vídeo:
 
 
Bicos fortes!
Ata a semana que ven!

UNHA NOVA TRIBU

Ola familias! Despois da volta do Nadal, con máis forza, voltamos ao noso blogue.

Co comezo do segundo trimestre imos traballar as tribus da Selva, e neste espazo poderedes ver como as vamos presentar entre as aulas.

Comezan os nenos e nenas de tres aniños que nos contan que tribu están traballando na súa aula.

Prestade moita atención, tanto os nenos e as nenas de 4 e 5 anos como as familias, para poder dar coa nosa tribu.

Velaquí unhas pistas.... para que coñezades a Bumba.

 

Quedou claro, non si!!

Pois, esperamos as vosas respostas compañeiros e compañeiras.

Seguro que xa sabedes máis de Bumba, pero, non está demais que vexades este conto.

 

Unha aperta moi grande! Ata pronto.

BO NADAL!

 

Bo día familias!

Chegamos ao final do primeiro trimestre, este trimestre tan atípico pero no que tamén disfrutamos ao grande de volver a ver aos compañeiros e compañeiras, comezar o cole de novo, as rutinas, os xogos, as actividades…

E aínda que non podemos realizar todas as actividades que nos gustaría, adaptámonos á nova situación moi rápido.

Este ano non puidemos contar coa vosa participación en conmemoracións como o magosto ou o nadal, pero queremos achegarvos un anaquiño do noso pequeno mundo e que podades disfrutar dos bailes de nadal.

 

A profe Ruth organizou un pequeno festival no que os nenos e nenas puxeron toda a ilusión e ganas e no que, por suposto, infantil quixo participar.

 

Aquí vos deixamos o resultado do gran traballo realizado para celebrar o nadal:

 

 

 

Desde aquí damos as grazas á profe Ruth e a todos os nenos e nenas, e felicitámolos por este gran traballo.

 

 

 

 

Desexamos que pasedes unas boas festas, aínda que serán diferentes, o importante é ter saúde e contar cos nosos para que todo isto mellore prontiño.

Vémonos á volta coa mesma ilusión e ganas!!

O equipo de infantil mándavos unha aperta grande e deséxavos

BO NADAL!!!

 

Día Internacional das persoas con Discapacidade

Boa tarde familias!

Estamos por aquí unha semana máis… Nesta ocasión queremos

mostrarvos o que fixemos para conmemorar o Día internacional das persoas con

discapacidade, que se celebra o 3 de decembro. A proposta para sensibilizar aos

nenos e nenas neste día tan especial, foi facer un puzzle no que cada peza

representa a un neno/a, coas súas particularidades, gustos, virtudes e defectos…

Previamente a isto fixemos na aula unha choiva de ideas sobre o termo

“discapacidade”; para que o alumnado comprendera ben o concepto e así poder

facer con éxito a tarefa proposta. Quedounos moi claro a todos/as que as persoas

con discapacidade son CAPACES de facer o que se propoñan e que independentemente

das características físicas ou psíquicas de cada un ten que ser aceptado e

incluído na sociedade, xa que como di o slogan do noso puzzle… “TODOS

ENCAIXAMOS”.

Non esquezamos que… A discapacidade é a capacidade extraordinaria

de ser capaz.

Gustounos moito facer esta actividade e aprendemos un montón!

 Ata outra!!

Día internacional da eliminación da violencia de xénero

 

Boa tarde familias,


Xa estamos de novo por aquí!!!

 

A proposta para celebrar o Día internacional contra a violencia de xénero foi realizar este mural como resultadp de todo un traballo de sensibilización e reflexións sobre a violencia cara a muller, o home, a infancia, os animais...

 

 

Nun lado do mural aparecen as fotos dos nenos/as con actitude de rabia, enfado, ira… que representan o rexeitamento cara a violencia e van acompañadas de palabras do que entenden eles por violencia como pegar, empurrar, insultar, gritar...

 

 

No outro lado do cartel, móstranse as caras dos nenos felices e sorrintes acompañadas de palabras bonitas (amor, mimo, caricia, respeto, empatía, bico…) representando deste xeito que estas accións nos axudarán a curala violencia, erradicala.

 

Para rematar, fixemos un baile cun anaquiño da canción de Rozalén,” La puerta violeta” … mirade como MOVEMOS O CORPO!!

 

APRENDIMOS E DISFRUTAMOS AO GRANDE!!!

 

 

 

 

Un bico forte para os que estades na casa , en nada nos vemos.


Ata pronto !!

Día internacional do dereito dos nenos e das nenas

 Boas, familias!!

Xa estamos aquí un día máis para actualizar o blogue celebrando o día dos dereitos dos nenos e das nenas :)

 

Esta semana estivemos traballando nas aulas os diferentes dereitos dos nenos e nenas e a súa importancia: dereitos como a saúde, a educación, a protección, a liberdade, a integración, o xogo, a alimentación, a vivenda ou ter unha familia.

 

Estivemos falando e reflexionando cos peques sobre que era para eles ter todos eses dereitos e a súa importancia. Comentamos se pensaban se tiñamos todos eses dereitos ou se habería algún neno ou nena no mundo que non os tiñan.

 

Todos viron a importancia da loita por todos os dereitos fundamentais da infancia...a LOITA POLOS SEUS SOÑOS!

 

Ademais, os nenos e nenas de secundaria fixeron un vídeo cunha proposta para todo o centro e animándonos a todos/as a vir todos coa cor azul, máscaras, mans, uñas,… e REIVINDICAR OS DEREITOS DA INFANCIA!!

 

 

Se vos preguntades polo motivo de empregar a cor azul, aquí tedes o vídeo:

 

 

 

Por unha garantía segura dos dereitos dos nenos e nenas en todo o mundo.

 

 

Deixámosvos o vídeo coa nosa pequena aportación e reivindicación, esperemos que vos guste.

 

 

 

Saúdos familias, moito ánimo aos que estades na casa, coidádevos moito e pronto volveremos a estar no cole :)

                                       Ata a próxima! 

A FESTA DO SAMAÍN

 festa do Samaín

Celebramos unha das festas do outono, o Samaín participando na nunha festa na que fixemos conxuros, lemos contos terroríficos e dixemos adeus aos nosos medos!!

 

O noso colexio encheuse de monstros, pantasmas, bruxas, esqueletos, momias....e elaboramos unhas máscaras para ser moito máis terroríficos. 

 

Logo, queimamos os nosos medos para que nunca máis volvan e fixemos unha apócema cuns ingredientes moi noxentos: polvo de oso, baba de caracol e mexes de burra...agggg!!!e acompañámola do seguinte conxuro: 

 

“Ollos de araña, patas de elefante, non te quedes atrás e mira para adiante.

Alas de morcego, dentes de crocodilo, que non che conten mentiras e estén sempre contigo.

Raias de cebra, pelos de león, que non che quiten as gañas de comer sempre coma un campeón.

Pescozo de xirafa e cola de lombriz, que hoxe e sempre sexas moi feliz.

Uñas de tigre, plumas de galiña, que sempre te leves ben coa veciña.

Moas de hipopótamo, cornos de dragón, que nunca ninguén fira o teu corazón.”

 

Finalmente, lemos o conto titulado “los fantasmas no existen” que nos gustou moito.   

 

Pasámolo xenial !!

Deica pronto, familias!


A SELVA!

Boas familias!

Xa estamos un curso máis por aquí para que vexades no blogue o noso traballo!!

Xa está en marcha o proxecto da selva J

Cada curso de infantil vaino traballar adaptando os contidos e as actividades ao seu nivel e características.

Durante este primeiro trimestre ímonos centrar en traballar os diferentes tipos de animais que hai na selva, diferencialos dos domésticos, saber se son mamíferos, aves, anfibios…

Tamén nos centraremos na súa alimentación, reproducción, forma de vivir, curiosidades…

Para iso contamos coa vosa colaboración, xa estivemos vendo moitas das cousas que aportáchedes,

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!

Deixámosvos por aquí un resumo do que estivemos facendo durante este tempo, esperamos que vos guste.

Nós estamos moi entusiasmados/as e queremos aprender moitísimas cousas sobre a selva!!

 

Ata a próxima!

Distribuir contido


by Dr. Radut