Skip to Content

Educación Infantil

Imos de excursión e de festa

Boas familias, como vai todo?
 
 Por aquí rematando xa outro ano escolar, aínda que nos dá un pouquiño de pena tamén nos alegra xa que chegan as vacacións!! :-) 
Estos tres días déronnos para recoller as aulas e gardar os nosos traballiños, pero tamén para disfrutar un montón.
 
 Ilusionados e ilusionadas agardábamos dende hai algunhas semanas a nosa excursión de fin de curso.
 VISITAMOS A CASA DO QUEIXO DE GRIXALBA 
 
Alí, puidemos visitar algúns dos animais que tiñan. Eso sí, moi caladiños e sen armar moito alboroto porque non lles gusta demasiado o ruído. Agás, ao Burro Platero, que nos recibiu con moita enerxía. 
Tamén puidemos coñecer de primeira man o tratado da lá das ovellas, canto traballo dá! Hai que ter moita paciencia... 
Seguimos facendo pan ao modo artesanal, neso si que temos máis práctica, amasando.
 E por último, fixemos queixo fresco o que puidemos probar nese mesmo instante. Estaba rico! 
Pero como é verdade eso que din " as palabras lévaas o vento " dádelle ao PLAY si queredes coñecer a Casa do queixo da nosa man. Poderedes seguir o noso ritmo?
 
 
Pasámolo moi ben nesta excursión, mágoa que non fixera mellor tempo, e iso que lle dábamos a benvida ao verán.
 
 Seguro que se está reservando para as nosas vacacións jijijijiji Non si nenos/as? 
 
 
E chegou o día...A FESTA DE FIN DE CURSO 
Como debe ser, todo o centro participamos nunha morea de xogos (mágoa que un ano máis os xogos de auga tiveran que suspenderse, que fastidio!!)
 Divididos por grupos e cun horario de rotación pasamos por distintas zonas de xogo: paracaídas, circuítos, equilibrios, bailes, xogos de sillas...entre outros.
 Mírade o ben que o pasamos, estivo xenial. 
 

 

 

 
 
 Ademais, asistimos á graduación dos nenos e nenas de 6º Educación Infantil, rematan esta etapa. Superándoa con creces, noraboa a todos e todas!! 
 


 
Aproveitamos este blogue para despedilos da nosa etapa como se merecen.
Sabedes que sempre teredes as portas abertas das nosas aulas para que nos fagades unha visita.
 Feliz entrada a unha nova etapa na vosa vida, Educación Primaria, que maiores ides.
Ana, Carla, Asier, Andree, Mateo Babío, Paula, Elisa, Mateo Romero, Bruno, Adrián e Ulises cada un de vós deixades con nós unha morea de momentos divertidos, moitas risas, experiencias, gamberradas, tempos de xogo, confidencias, xornadas entrañables en talleres, saídas, tratadas, merendas no patio ..
 
 Querémosvos un montón!
 
 
 
 Pero antes de despedirnos, queremos darvos un adelanto do que está pasando no colexio ...
 Que será iso?
 
 
 
O próximo curso, pasarán cousas...algo hai entre mans.
 
 Agora sí, rematamos o curso 2021/2022 con unha lista infinita de superacións por parte do noso alumnado e tamén cunha chea de sorrisos e experiencias en cada bolsillo. 
 
Recomendamos que neste tempo vacacional os peques fagan o seguinte:
 - Descansar e desconectar do colexio. 
- Desfrutar do tempo en familia.
 - Gozar dunha chea de xogos en compaña de familia e amigos.
 - Conectar coa contorna que temos e desfrutar do aire libre: corre, salta, camiña, pedalea, nada, bucea...ata cansar.
 - Viaxade coas historias dos contos, sempre é un bo momento para coller os contos que nos gustan.
 - Debuxade, pintade, experimentade, observade, cantade, bailade...porque é tempo de todo iso e moito máis.
 
 Moitas gracias a todas as familias, sodes un piar fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe, todo ten sentido se entre a escola e as familias os lazos son así de curtos.
 
 
E non podemos esquecernos das nosas compis Andrea e Ángela, que marchan a outro cole, moitas grazas polo voso cariño e traballo, desexámosvos moita sorte na nova etapa e aquí estaremos para que nos veñades visitar cando queirades.
 
 
 Un bico moi forte, desfrutade do verán e vémonos en setembro.
 
 Aburiño!! 
 
 Sandra, Andrea, Ángela e Genma.

VISITA DOS NENOS/AS DE PREESCOLAR E EXPERIMENTO CON AREA MÁXICA

Ola familias,

Unha semana máis estamos de volta por aquí para contarvos o que fixemos nos talleres.

O xoves tivemos unha visita moi especial, os nenos e nenas de preescolar viñeron a compartir un ratiño da xornada con nós; eles cantáronnos unha canción e nós tiñámoslles preparadas unhas actividades nas que o pasamos xenial (minumundo da praia con animais mariños, xogo de trasvases de auga, experimentación na mesa sensorial con orbits e pompóns, cociña e pizarra de acetato).

Gustounos moito compartir esta experiencia con eles!

O venres, puxémonos mans á obra e convertémonos en científicos; non o vades poder crer pero fixemos "area máxica"... queredes saber o que leva??? maizena e aceite de xirasol. Unha vez a tiñamos feita creamos figuras con ela e manipulámola ao noso antollo.

Encatounos!! Mirade como disfrutamos.

Por esta semana nada máis!

Pasade boa fin de semana!

CINE, HORTA, OCÉANOS E CARREIRA SOLIDARIA

 

Benvidos/as de novo!!

Como todas as semanas, imos contar todas as actividades que fixemos xuntos/as, que non foron poucas, mírade, mírade....

O mércores celebramos a carreira solidaria na que participamos todos os cursos a favor da Asociación Save the children.

Educación infantil correu unha volta como mostra de solidariedade coa infancia do Corno de África. Fíxonos moitísima ilusión correr :) estivemos RAPIDÍSIMOS!!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

 

 

 

 

 

 

O xoves organizamos unha sesión cine na escola no que non faltou de nada!!

As nosas entradas, as palomitas… vimos a peli de Lilo & Stitch e gozamos dunha merendola entre todos/as

 

 

 

 


 

 

 

O venres finalizamos cunhas actividades no horto para deixalo listo e preparado para o verán e o próximo curso. Educación primaria preparou o sistema de rego e nós transplantamos o que plantamos nos semilleiros previamente (tomates, repolo, cabaza, calabacín, leitugas e berenxenas).

Esperamos recoller moitas cousas en Setembro :)

 


 

 

Tamén aproveitamos para traballar o día dos océanos, que foi o pasado 8 de Xuño.

Seguimos traballando na liña do pasado venres, limpando os océanos de todo o que o contamina (lixo, botellas plásticas, redes...) e clasificamos os elementos que non son beneficiosos para o océano e os que si o son.

Tamén clasificamos os animais mariños e os terrestres e fixemos as nosas botellas sensoriais con océanos limpos e libres de residuos.

 

 

 

 

 

Ata a semana que ven!!

EXPERIMENTAMOS CON AREA E CONMEMORAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Bo día familias!

Unha semana máis ímosvos mostrar o que fixemos nos tallares.

O xoves, estivemos experimentando con area, isto fixémolo de diversas formas; moldeamos area con auga, fixemos debuxos de area sobre papel continuo, trasvasamos area con diferentes útiles e tamén xogamos con auga e orbits na mesa sensorial.

Pasámolo pipa!!

Hoxe, conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente, este celébrase o 5 de xuño pero xa que este ano cae en domingo fixémolo xa hoxe no cole.

Para isto fixemos unha serie de propostas para concienciarnos da importancia de ter os nosos océanos limpios; fixemos un filtrado de auga con unha botella, nela metíamos diferentes elementos como area, terra, algodón, pedriñas,... por encima poñíamoslle auga e tiña que saír limpia para outro recipiente, tamén filtramos con un anaquiño de tea. Outra das propostas foi intentar limpiar un océano con vertido de petróleo, esto foi un pouco máis complicado pero case o conseguimos. Por outra parte, tivemos que rescatar animais mariños dun océano que estaba moi contaminado con plásticos, gomas,... primeiro rescatámolos desa suciedade e despois quitamos os restos que quedaban de lixo na auga.Por último, retiramos doutros océanos unha morea de lixo que flotaba neles, para elo empregamos pinzas, culleres, esponxas,...

Logo disto, fixemos arte abstracta con material de refugallo, principalmente plásticos.

Aprendemos moito e disfrutamos un montón facendo estas actividades!! sobre todo quedounos moi claro a importancia que ten coidar o medio ambiente.

Boa fin de semana!

Ata a próxima.

ARTE E PRIMAVERA

 

Benvidos/as unha semana máis ao noso blog!

Estamos entrando na recta final do curso, que rápido pasa o tempo.

Estamos aproveitando o bo tempo para os nosos obradoiros, encántanos estar ao aire libre xogando xuntos :)

 

O xoves traballamos o arte coa técnica do carboncillo.

Para iso xuntámonos por parellas e fixemos o seu retrato.

Tivemos que fixarnos moi ben na cara do noso compañeiro e compañeira!!

Quedaron uns retratos fermosísimos!!

Logo pintamos uns cadros decorativos para o noso compañeiro/a que quedaron xeniais!!!!

 

 

 

 

 

 

O venres seguimos traballando a primavera de xeito manipulativo, fixemos unhas actividades moi coloridas!!

Por un lado tiñamos unha instalación de primavera con moitos elementos típicos desta época como as flores, follas verdes… manipulamos os elementos de xeito libre facendo as nosas propias creacións, desfacendo as flores e vendo as súas partes e experimentando con elas.

Tamén xogamos coa nosa bandexa sensorial onde tiñamos arroz con cores da primavera (que tinguimos previamente) e diferentes obxectos cos que poder manipular, facer montóns…

Por último, tivemos a oportunidade de pintar con témperas nun papel continuo pero non o fixemos coma sempre con pinceis, empregamos diferentes elementos da primavera e da natureza para pintar!! Saíron uns debuxos preciosos!!!

 


 

 

 

Agora imos a pola recta final do curso!!!

<span lang="GL" style="font-family: "Times New Roman","serif"; font-si

PROPOSTAS SENSORIAIS E CONTINUACIÓN DO HORTO

Bo día familias,

O xoves, fixemos varias propostas sensoriais que consistían no seguinte: Pescamos tapóns con pinzas,xogamos co noso xogo preferido da auga no que temos que achicar esta para levala por un circuíto, fixemos pompas cos nosos pompeiros, intentamos atrapar gomiñas e bolas de hidroxel para traballar a psicomotricidade fina, trasvasamos auga con diferentes elementos, elaboramos unha estación de grafomotricidade e exploramos con diversos materiais sólidos os cales colamos, ensartamos, mesturamos e separamos,...disfrutamos un montón!!

Mirade como nos mollamos e nos ensuciamos!!

Hoxe, seguimos dándolle forma ao noso hortiño, empezamos botándolle terra e logo abono con area para plantar unhas cenorias e por último regamos. Pero isto non é todo, porque ademais plantamos unhos xirasois a ver se pronto podemos comer as pipas!

Ata a semana que ven!

Día da familia, maios e as Letras Galegas 2022.

 

Boas familias!!

Xa estamos de volta unha semana máis para contarvos o que fixemos esta semana, que FOI MOI ESPECIAL!

O Xoves celebramos o día da familia, estivemos xogando ao aire libre coas familias e pasámolo xenial!!! Encantounos a vosa visita e poder compartir con vós un anaco das nosas xornadas na escola, xa estamos desexando

que volvades :)

Xogamos con xogos populares en distintos grupos: un circuito, bolos, lanzamento de sacos, o paracaídas, zancos e relevos con culleres.

    Que divertido!!

 

 
 

 


 

Moitísimas grazas por vir visitarnos! E aos que non puidéchedes... Celebraremos máis festas!!!

 

O Venres celebramos os Maios e as letras galegas.

Viñemos guapísimos e guapísimas coas nosas flores tan coloridas!

 


 

Tocounos volver ao aire libre a facer uns bailes celebrando os Maios, fixérono xenial.

 

 

 

 

 

E por último, velaquí o traballo das letras galegas 2022 que fixemos todos e todas no colexio nunha actividade conxunta.

En cada letra hai termos e expresións propias da nosa contorna. Gracias familias pola vosa aportación, agradecemos moito a colaboración.

 

 

 Coñcemos a vida e obra de Florencio Delgado, a quen adicamos as letras galegas neste ano.

 

Este é o tendal dos versos do autor eloxiado.

 

Pasade moi boa ponte, vémonos á volta!

 

O NOSO HORTIÑO!!

Boas familias!

Esta semana tocou remangarse e poñer as botas xa que seguimos ás voltas co HORTO ESCOLAR! Collemos rastrillos, palas e a fozar na terra...mirade como xa vai collendo forma!

Ademais estamos preparando unha sorpresiña para o día das familias! pero non vos podemos dicir nada SHHHH!

Ata a semana que ven, que por fin nos podemos xunta no centro.

Volvemos de excursión e xogamos con luz negra!

 

Moi boas a todos e todas!!!

Aquí estamos unha semana máis para amosarvos o que fixemos esta semana :)

O xoves fixemos un taller MOI COLORIDO!!!

Aínda que ao principio estaba todo escuro, descubrimos que grazas a unha luz moi especial, a ultravioleta, podemos ver un montón de cores brillantes!

Ao principio vimos o conto de Leotolda, que tiña unhas cores fluorescentes impresionantes e chamounos moitísimo a atención.

Despois, deixamos voar a nosa imaxinación xogando cos sentidos para facer uns murais con luz fluorescente e unhas cartolinas moi brillantes…MIRADE!

 

 

 

O venres tocou volver de excursión á Coruña, esta vez visitamos a Afundación e vimos unha exposición de arte chamada "Mirar de novo. a muller contra o tempo". 

Aprendimos sobre a igualdade, o coidado do planeta e a atención á diversidade poñendo o foco na muller dentro da historia da arte. Foi unha visita na que nos contaron un conto sobre fadas madriñas e variñas máxicas.

 

 

 

 

 

 

 

 

Pasámolo xenial, encántanos ir de excursión…XA ESTAMOS DESEXANDO VOLVER!

Bo fin de semana a todos/as!

CONTACONTOS CON ANA MEILÁN E CREAMOS TINTAS FLORAIS

De novo por aquí para ensinarvos as últimas novidades!

Estamos na semana do libro e non se nos ocorre mellor forma de conmemorala que cunha visita moi especial.

A escritora lucense Ana Meilán que nos ten conquistado o corazón, xa que nos encantan todos os seus contos e hoxe puidemos coñecela en persoa.

Para agradecerlle a súa visita, o alumando de infantil elaborou con moito cariño este fermoso mural das súas obras.

Aos nen@s de 3 e 4 anos veu a falarnos sobre Simón, o protagonista da súa obra “Bágoas debaixo da cama” quen nos fixo reflexionar sobre a importancia de expresar as nosas emocións como a tristeza e do importante de non reprimir as bágoas.

Tamén xogamos co dado das emocións de Simón e levamos para casa uns carnets de valentes. Porque SO OS VALENTES DIN PORQUE CHORAN!

E os nenos de 5 anos coñecimos á familia de roedores máis famosa do mundo: a Familia Pérez. Grazas ao conto “Quen vén esta noite”.

Dámosvos unha pista: o conto descubriunos un gran segredo relacionado co Ratonciño Pérez e sobre cómo consigue estar en tantos fogares á vez! Esta historia vennos moi ben xa que estamos moi emocionados coas primeiras caídas de dentes e que nos permite seguir crendo na maxia e de ilusionarnos aínda máis si cabe pensando en quén vai a visitarnos pola noite cando deixemos o dente debaixo da almofada.

Grazas Ana Meilán por esa mañá tan bonita!

Hoxe seguimos coa primaveira ás voltas! E elaboramos as nosas propias tintas florais, grazas ás flores que nos facilitasteis as familias. Aproveitamos para darvos as grazas pola vosa colaboración.

Queredes saber cómo o levamos a cabo? Pinchade no vídeo:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut